Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO.

O concello, en sesión plenaria extraordinaria celebrada en 11 de xaneiro de 2000, aprobou inicialmente a modificación puntual nº 4, das normas subsidiarias do Concello de Laracha para o cambio de posición dunha rúa de nova apertura que pasa por terreos propiedade de María Zas Caamaño entre a rúa Río Anllóns e a U.A. 4 do solo non urbanizable, segundo proxecto redactado polo arquitecto Miguel Abelleira Doldán e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data 7 de xaneiro de 1999.

O expediente sométese a información pública por prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 42, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Lugar de exposición do expediente: Oficina Técnica (2ª planta da casa do concello).

Horario: 10 a 15 horas.

Laracha, 13 de xaneiro de 2000.

José Manuel López Varela

Alcalde