Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de decembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que contén proposta para ordenar volumes e reaxustar aliñacións e rasantes da UA-6, promovido por María Suárez López e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes (expediente 34/99.PED).

Arteixo, 21 de xaneiro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde