Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto para a adxudicación do servicio que se indica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 300/00.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza de diversos centros da Universidade de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Concurso: público.

4. Orzamento base de licitación: o importe total dos lotes é de 67.500.000 ptas.

Lote 1 (E.U.E. Empresariais e E.U.E. Técnica Industrial): 42.500.000 ptas.

Lote 2 (Rectorado e anexos): 16.500.000 ptas.

Lote 3 (Edificio de usos múltiples-Fundición): 8.500.000 ptas.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Oporto, 1, anexo Rectorado-3º.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Fax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación esixible:

As persoas xurídicas que concorran a lotes que conxunta ou separadamente superen o importe de 20.000.000 de pesetas deberán presentar como requisito indispensable certificado expedido polo Rexistro Central de Empresas Consultoras ou de Servicios do Ministerio de Economía e Facenda (ou órgano equivalente do Estado membro da Comunidade Europea) que acredite a clasificación no grupo, subgrupo e categoría que máis abaixo se indica, de acordo co previsto na Orde do 30 de xaneiro de 1991 pola que se modifican determinadas normas da Orde do 24 de novembro de 1982, sobre clasificación de empresas consultoras e de servicios (BOE nº 54, do 4-3-1991).

Grupo III.

Subgrupo 6.

Categoría:

-A: se a anualidade media non supera os 25.000.000 de pesetas.

-B: se a anualidade media supera os 25.000.000 e non supera os 50.000.000 de pesetas.

-C: se a anualidade media excede de 50.000.000 de pesetas.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

Enderezo: r/ Oporto, 1-planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 24 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo