Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2000, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade. (C.P. 1/00).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, do servicio de vixilancia e seguridade do Hospital de Monforte de Lemos (C.P. 1/00).

1. Obxecto e orzamento: a prestación do servicio de vixilancia e seguridade por un orzamento máximo de dezaseis millóns setecentas cincuenta mil pesetas (16.750.000 ptas.)

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

3. Prazo de execución: inmediato desde a sinatura do contrato.

4. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas e

demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono: 982 41 79 18, fax: 982 40 40 06, en días laborables das 9 ás 14 horas.

5. Fianzas.

-A fianza provisional será do 2% do orzamento de licitación constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

-A fianza definitiva será do 4% do orzamento de licitación constituída nalgunha das formas que establece o artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación.

-Prezo: ata 8 puntos.

-Calidade na prestación: ata 6 puntos.

Formación do persoal.

Metodoloxía na prestación.

Melloras concretas na prestación do servicio.

-Conexión entre vixilantes e o centro de control 24 horas ó día: 2 puntos.

-Acreditación de traballos similares no sector hospitalario: 4 puntos.

-Posibilidade de reforzo inmediato: 2 puntos.

9. Clasificación: grupo III (servicios) - 2B (seguridade e vixilancia).

10. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982 40 40 06) ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

11. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Médica do hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 5 de xaneiro de 2000.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal de Monforte

de Lemos