Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 03 de febreiro de 2000 Páx. 1.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 12-1-2000 o estudio de detalle formulado para a ordenación de volumes na rúa Mondoñedo, esquina á rúa Tui, solicitado por Jorge Sal Martínez, en representación de Veiga Crespo, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla nº 197) e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 14 de xaneiro de 2000.

Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

Rubricado