Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de acordo plenario.

O Pleno Municipal de Culleredo, en sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 15 de decembro aprobou, entre outros, o seguinte punto:

3. Proposta de aprobación nova vixencia acordo negociado regulador das condicións de traballo do persoal.

A Comisión Mixta de Negociación do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios deste concello, na súa sesión realiza o día 13 de decembro, acordou:

4. Ratifica-lo contido do mencionado acordo e outorgarlle nova eficacia temporal desde o 1 de decembro de 1999 ata o 30 de novembro de 2003.

5. Suprimi-lo parágrafo segundo do punto 1 do artigo VIII do acordo.

6. Someter esta decisión ó Pleno corporativo para os efectos legais pertinentes.

En virtude deste acordo, o alcalde somete á aprobación do Pleno Municipal a seguinte proposta:

Primeiro.-A ratificación do acordo adoptado na dita comisión mixta.

Segundo.-Publica-lo dito acordo no BOP e DOG.

Terceiro.-Autoriza-lo alcalde para adoptar cantos actos administrativos sexan necesarios para o seu cumprimento.

O Pleno Municipal, por unanimidade de asistentes acorda aprobar esta proposta.

Culleredo, 16 de decembro de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde