Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión que tivo lugar o día 30 de novembro de 1999, acordou:

Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle do cuarteirón 6 (edificación terciaria. Comercial en edificio exclusivo) do Plan parcial da área 3 de SUNP no Burgo, presentado pola sociedade Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A. e redactado pola arquitecta Mercedes Rosón Varela, que ten por obxecto a reordenación do volume edificatorio sobre ela.

Determinar que este acordo é firme en vía administrativa e que pode ser recorrido potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que o dictou ou ser impugnado directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. En caso de interpoñerse o recurso de reposición, non poderá acudirse á vía contencioso-administrativa ata a súa resolución expresa ou presunta.

O prazo de interposición do recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación e deberá ser resolto no prazo dun mes. Transcorrido este prazo sen resolver, poderase entender desestimado por silencio administrativo.

O prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación. En caso de interposición previa do recurso potestativo de reposición, o prazo contarase desde o día seguinte ó da notificación da súa resolución. De non haber resolución expresa, o prazo será de seis meses e contarase desde o días seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado.

Culleredo, 3 de decembro de 1999.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Ricardo Seoane Candamio

Primeiro tenente-alcalde delegado de Urbanismo