Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 286, do 15 de decembro de 1999, publicouse o seguinte:

Convocatoria específica nº 4/1999 (funcionarios de carreira). Tres prazas de técnicos medios de xestión económico-financeira.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

P.D.

O concelleiro delegado de Persoal

Rubricado