Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente ED 6/1999).

O Concello Pleno, en sesión con data do 20 de decembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ampliación do centro parroquial San Pablo, presentado pola Diócese de Santiago de Compostela.

2. A concesión da licencia para a devandita ampliación quedará condicionada á petición e aprobación por parte do concello, do alleamento da parcela necesaria para a ampliación do centro parroquial.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 22 de decembro de 1999.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo