Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 19/1999 (621)).

A alcaldía presidencia, con data do 14 de decembro de 1999, adoptou o seguinte acordo:

1. Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da Xunta de Compensación que se vai constituír para a execución do APE H3.01 Pelamios do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña.

2. Aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases presentado por Xosé Miguel Vázquez García en calidade de secretario da comisión xestora.

3. Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidae de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora, e no seu nome a Xosé Miguel Vázquez García, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Ley 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente encóntrase á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na Avda. da Marina nº 18, entre as 12 e as 14 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións teña por conveniente na defensa dos seus dereitos, incluída a petición de incorporación a comisión xestora, nese caso deberá achegar exacta identificación do predio ou predios da súa propiedade así como copia dos títulos xustificativos do seu dominio.

A Coruña, 15 de decembro de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Bases da actuación da xunta de compensación do APE H3.01 do PGOM da Coruña

Base 1. Finalidade.

Estas bases conteñen aquelas determinacións que, previstas no artigo 167 do Regulamento de xestión urbanística (RX), serven de regras á xunta e ós afectados pola execución da ordenación urbanística do APE H3.01 do PGOM da Coruña, ó fin de realiza-las operacións de reparto de beneficios e cargas, cesións obrigatorias e urbanización dos terreos, necesarias para a adquisición do dereito ó aproveitamento urba

nístico. Ó seu teor formularase o proxecto de compensación, conforme o artigo 133.6º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG) e artigo 172 do RG, onde se concretará a operación reparcelatoria.

Base 2. Orzamentos da actuacións

A) Características do polígono (APE H3.01)

Localización Zona enseada dos Pelamios
Clasificación Solo urbano non consolidado
Superficie 8.545,00 m
Promotores
PredioSuperficie Titular
11.412,61 mCooperativa Colegio Vázquez
2319,40 mPromociones Vereda Dos, S.A.
31.526,32 mPromociones Vereda Dos, S.A.
Propietarios5A1.139,80 mMarcelino Vázquez Presedo e Mª Arboiro Patiño
6A2.507,21 mMarcelino Vázquez Presedo e Mª Arboiro Patiño
7A683,91 mMarcelino Vázquez Presedo e Mª Arboiro Patiño
8143,41 mArquitectura y Urbanismo Norte, S.L.
Outros
PredioSuperficie Titular
4812,33 m Ramón Tomé Bugallo e Mercedes Casal Corral
Características Non constan diferencias. Repútanse homoxéneas

B) Sistemas xerais incluídos no ARE-H3.01

Superficie 2.550,00 m
Promotores
PredioSuperficie Titular
5B860,37 mMarcelino Vázquez Presedo e Mª Arboiro Patiño
Propietarios6B1.549,31 mMarcelino Vázquez Presedo e Mª Arboiro Patiño
7B140,32 mMarcelino Vázquez Presedo e Mª Arboiro Patiño

Base 3. Definición e valoración de achegas.

1. A participación na xunta dos propietarios incorporados depende exclusivamente dos predios achegados, sen prexuízo das indemnizacións que lles correspondan por supresión de elementos e das compensacións por gastos especialmente realizados.

2. O dereito dos propietarios será proporcional á superficie das súas parcelas respectivas que, salvo comprobación en contrario, se reflicten na base 2, letra A.

3. A distribución no reparto de cargas, beneficios e perdas realizarase en proporción á cota participativa que corresponda a cada un dos membros que formen a xunta segundo as previsións do artigo 6º dos estatutos.

4. As achegas dos membros á xunta para atende-los gastos que a esta corresponden realizaranse e exaccionaranse ata a súa disolución na forma determinada no artigo 9º.3 dos estatutos.

Base 4. Elementos e dereitos sobre os predios. Réxime. Definición e valoración.

1. A ordenación e urbanización previstas resultan incompatibles coas instalacións preexistentes procedendo en consecuencia a súa supresión e indemnización. Os propietarios están obrigados a relacionar cantos elementos consideren indemnizables, comprobándose pola xunta e levantando, se é o caso, acta contradictoria. Para a súa valoración teranse en conta as seguintes regras:

a) As edificacións valoraranse en función do seu custo de reposición corrixido en atención a criterios de antigüidade, conservación e funcionalidade.

b) No traslado ou cesamento de actividade teranse en conta a posibilidade e renda diferencial de nova instalación, perdas de material, maquinaria e beneficios, gastos de traslado e apertura, indemnizacións ó persoal e demais conceptos usualmente aceptados.

2. Non consta a existencia de cargas ou dereitos reais que graven os predios. De existiren e seren compatibles coa ordenación manteranse sobre o predio resultante do mesmo propietario por aplicación do principio de subrogación real. Nos demais casos procede a súa extinción, valorándose segundo a súa natureza conforme ás regras da lexislación expropiatoria e tributaria e indemnizándose con cargo ó propietario liberado salvo que se trate de servidume predial que terá o carácter de gasto de urbanización.

3. O necesario derribo dos edificios e a execución da urbanización implican a extinción dos arrendamentos rústicos e urbanos. As indemnizacións terán o carácter de gasto de urbanización, e para a súa valoración teranse en conta os criterios reflectidos no artigo 137.3º do RG.

Base 5. Supostos de ocupación ou expropiación de terreos.

1. En caso de propietarios non incorporados á xunta, ésta poderá solicitar da Administración actuante a expropiación dos ditos predios tendo a xunta a condición de beneficiaria, ou ben a ocupación das mesmas ó fin de posibilita-la execución das obras de urbanización previstas, recoñecéndose ós seus titulares o dereito á adxudicación de terreos edificables en proporción á superficie do predio coa reducción axeitada para compensa-los gastos de urbanización correspondentes.

2. O incumprimento polos membros da xunta de compensación das súas obrigas e cargas habilitará a Administración actuante para expropia-los seus respetivos dereitos en favor da xunta de compensación, que terá a condición xurídica de beneficiaria, ou, alternativamente, aplicarse os efectos previstos para a ocupación forzosa no artigo 134 da LSG.

3. Para a valoración e procedemento rexerá a normativa legal de aplicación.

Base 6. Urbanización e edificación.

1. A execución das obras de urbanización poderase realizar mediante empresa urbanizadora incorporada á xunta ou por contrato de obra ó efecto, con aboamento en metálico, soares ou edificacións resultantes, todo iso consignado nos oportunos convenios nos que se terá en conta as equivalencias de valores, prezos e custos da urbanización segundo o oportuno proxecto, o seu carácter fixo e revisable, e a forma de determina-la contraprestación; incluíndose no contrato de obra, ademais das cláusulas típicas, as indicadas no artigo 176.3º do RG.

2. O órgano rector da xunta poderá contrata-la obra utilizando indistintamente calquera dos procedementos e formas legalmente admitidos, segundo o acordo que para o efecto se adopte conforme o previsto no artigo 8º dos estatutos.

3. Se é o caso, poderá ter lugar a edificación e urbanización simultáneas conforme o artigo 41 do RG.

Base 7. Predios resultantes. Definición. Adxudicación e compensación en metálico.

1. Os predios resultantes definiranse no proxecto de compensación tendo en conta:

a) As características da ordenación para efectos da fixación da parcela mínima apta para edificar.

b) Que poderán adxudicarse superficies que unidas a outras do mesmo propietario, aínda situadas fóra do ámbito, constitúan un soar de superficie apta para ser edificado conforme a ordenación aplicable.

2. Os predios resultantes adxudicaranse en proporción á cota de participación, tendo en conta os criterios establecidos para o efecto na LSG e o RG, en especial o criterio de proximidade do predio resultante adxudicado por subrogación real dos antigo/s achegado/s; e habendo lugar ás compensacións en metálico substitutivas ou complementarias, nos supostos e conforme as regras establecidas no artigo 101.1º puntos e) e g) da LSG.

3. Para efectos de valoración dos predios resultantes considerarase que tódolos usos previstos no plan teñen o mesmo valor.

Base 8. Cesións e dereitos da Administración actuante.

As cesións previstas no plan relativas a superficies de vías e zonas verdes entregaranse xunto coas obras e servicios da urbanización previstos totalmente urbanizadas conforme o proxecto aprobado, no tempo e forma establecidos legalmente.

Base 9. Disposición derradeira.

1. Estas bases completan reciprocamente os estatutos que acompañan, aplicándose tamén no non previsto nas mesmas a normativa alí citada, especialmente a LSG, LRSVU e RG sobre a compensación,

reparcelación e valoracións, así como a lexislación expropiatoria, tributaria e hipotecaria.

2. A obrigatoriedade das bases non impide a súa modificación por igual medio que para a súa aprobación. Non obstante, a modificación por unanimidade, afectando só ás relacións entre os membros non require mais trámite que a súa comunicación á Administración actuante.

Base 10. Disposición adicional.

A aprobación, se é o caso, destas bases e proxecto de compensación no seu día, non implican renuncia dos dereitos que se deriven dos convenios, alegacións e/ou recursos que todos ou algún dos propietarios de terreos afectados polo ámbito teñan recoñecidos ou se lles recoñezan.

Estatutos da xunta de Compensación do APE H3.01 do PGOM da Coruña

Artigo 1º.-Denominación, natureza, ámbito e obxecto.

Os presentes estatutos, xunto coas bases de actuación que os acompañan, teñen como fin regula-la constitución, actuación, liquidación e efectos da xunta que co nome de xunta de Compensación da Enseada dos Pelamios -APE H3.01 do PGOM da Coruña- (en diante a xunta) constitúese con carácter de entidade urbanística colaboradora, natureza administrativa e personalidade xurídica propia para a xestión e execución polo sistema de compensación do polígono en solo urbano delimitado no vixente PGOM da Coruña, aprobado definitivamente o 19 de outubro de 1998, como Área de Planeamento Específico H3.01.

Artigo 2º.-Normativa.

1. A xunta constitúese en aplicación do disposto no artigo 133 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG) a instancia da comisión xestoria constituída por propietarios que representan máis do 50% do ámbito de actuación.

2. A xunta réxese polos seus estatutos e bases de actuación e pola LSG, en especial os seus artigos 133 a 138, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV) e os preceptos vixentes do R.D. lexislativo 1/1992 (LS/1992), o R.D. 1346/1976 (LS/1976) e o Regulamento de xestión urbanística (RG) aprobado por R.D. 3288/1978, en especial os seus artigos 24 e 30 e 157 a 185, a lexislación hipotecaria, especialmente o R.D. 1093/1997, e pola demais lexislación administrativa, civil e mercantil que con carácter directo ou supletorio lles sexa en cada caso de aplicación.

Artigo 3º.-Capacidade. Administración. Actuante. Fins.

1. A xunta ten plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, e pode ter todo tipo de titularidades, realizar cantos actos e negocios xurídico patrimoniais ou doutra orde lle sexan necesarios e permitidos polas leis, e exercer ante calquera auto

ridade ou organismo público, tribunais e particulares, cantas accións e dereitos, solicitudes e beneficios lle correspondan na xestión e defensa dos intereses comúns dos seus membros.

2. Baixo a tutela, control e dirección do Concello da Coruña coas facultades que lle corresponden como Administración actuante, e en execución do PGOM da Coruña, a xunta procederá á reparcelación física e xurídica e á urbanización do ámbito mediante os proxectos de compensación e urbanización.

Artigo 4º.-Enderezo.

O enderezo da xunta establécese na Coruña, rúa Manuel Piñeiro Pose, 3ª Torre de San Diego 1º-A, podendo trasladarse a outro lugar por acordo do seu órgano de goberno dando conta á Administración actuante e ó Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras.

Artigo 5º.-Duración e disolución.

1. A xunta terá duración indefinida.

2. Non obstante, disolverase polas seguintes causas:

a) Por mandato xudicial, administrativo ou prescrición legal.

b) Polo cumprimento total do seu obxecto e fins.

c) Voluntariamente, por ausencia de pluralidade de membros e pola súa transformación en sociedade civil e mercantil.

Constatada a causa polo órgano de goberno ou pola Administración actuante, procederase, se é o caso, á liquidación do seu patrimonio con aboamento, garantía ou subrogación do seu pasivo esixible e adxudicación do activo en terreos, dereitos ou metálico os membros en proporción ás suas cotas.

Artigo 6º.-Membros da xunta. Incorporación. Efectos.

1. Serán membros propios da xunta os propietarios de terreos incluídos no seu ámbito e os dos sistemas xerais incluídos na mesa área de reparto (ARE H3.01) que deban facer efectivos os seus dereitos neste, e que, cumprindo os requisitos esixidos, se incorporen a esta en tempo e forma. Neste concepto formarán parte dela:

a) Os que promovan a súa constitución, en calidade de membros da comisión xestora, identificados na base 1 de actuación.

b) Os demais propietarios que soliciten a súa incorporación conforme o artigo 134 da LSG. Na solicitude de incorporación, realizada por escrito ó concello, farase constar expresamente a aceptación do sistema, dos estatutos e bases, e xuntaranse os títulos xustificativos da propiedade, con expresión da súa situación, superficie e lindeiros, declarando así mesmo, as situacións xurídicas, cargas, gravames e arrendamentos que afecten os seus respectivos predios, indicando, se é o caso, os datos identificativos dos titulares dos ditos dereitos.

2. A efectiva incorporación requirirá o outorgamento da escritura pública de constitución ou da adhesión, se é o caso, de conformidade co artigo 163 do RG.

3. A incorporación supón a ocupación e posesión dos terreos pola xunta, a cal actuará como fiduciaria deles como pleno poder dispositivo.

4. Os propietarios do polígono que non se incorporen na forma indicada quedan suxeitos á expropiación forzosa en beneficio da xunta, podendo esta así mesmo solicitar no seu favor a ocupación dos ditos predios, de conformidade co previsto no artigo 134 da LSG.

5. Tamén poderá ser membro da xunta a empresa urbanizadora que achegue total ou parcialmente os fondos ou medios necesarios para levar a cabo as obras de urbanización. A súa incorporación poderá realizarse inicialmente, logo do acordo coa comisión xestora, ou posteriormente mediante acordo co órgano rector da xunta. Os propietarios desconformes con esta incorporación que se comprometan expresamente a sufraga-los gastos de urbanización que lles correspondan non serán afectados por esta na súa cota participativa.

6. O Concello da Coruña, na súa calidade de Administración actuante, designará un representante no órgano rector da xunta, que actuará con voz e sen voto, salvo o que lle corresponda, se é o caso, como titular de aproveitamento conforme a súa cota participativa.

Artigo 7º.-Dereitos e obrigas dos membros.

1. Son dereitos básicos dos membros:

a) Participar por si ou por representante no órgano rector da xunta emitindo o seu voto en proporción á súa cota participativa.

b) Obte-la xusta compensación no reparto de beneficios e cargas mediante a adxudicación de parcelas resultantes ou en metálico segundo proceda en proporción a súa cota.

2. É obriga básica dos membros participar en proporción á súa cota nos gastos que xere a actuación, satisfacendo puntualmente as cantidades necesarias determinadas xustificadamente polo órgano rector.

Son tamén obrigas específicas dos membros:

a) Acreditar e facilitar á xunta cantos documentos e datos se refiran á súa propiedade e ós dereitos de terceiros que a limiten, e regularizar no necesario as ditas titularidades ou situacións.

b) Sinalar no momento da incorporación un enderezo para efectos de notificacións no termo municipal onde o teña a xunta ou onde está sito o ámbito de actuación e, se é o caso, a persoa que o membro representa. No caso de cotitularidade dun predio ou dereito designarán unha soa persoa para o exercicio das suas facultades como membro da xunta e se non o designaren nomearao o órgano actuante.

c) Outorgar cantos documentos e autorizacións sexan necesarios para cumprir coas súas obrigas e co obxecto e fins da xunta.

O incumprimento das súas obrigas por un membro, que supoña obstáculo ou prexuízo á actuación física, xurídica ou económica da xunta lexítima a esta para promover no seu beneficio a expropiación forzosa do seu predio, a utilización da vía de constrinximento ou a aplicación dos efectos previstos para a ocupación forzosa no artigo 134 da LSG.

Artigo 8º.-Goberno e administración da xunta.

1. A xunta será gobernada e administrada pola asemblea de membros, denominada órgano rector, que ten tódalas atribucións e as máis amplas facultades, decisorias e executivas, sen limitación ningunha, sobre tódolos asuntos internos e externos concernentes á constitución, composición, participación, patrimonio funcionamento, réxime xurídico e económico, actividade en xeral e disolución da xunta.

2. Tódolos membros da xunta, por si ou por representante, participarán no órgano rector calquera que sexa a súa cota participativa. En todo caso, o valor do voto de cada membro será equivalente ó da súa cota. A representación, que poderá ser ocasional ou permanente, deberá ser debidamente cumprida, puidendo os representantes permanentes substituír ocasionalmente a súa representación.

3. O órgano rector elixirá un presidente, vicepresidente y secretario da xunta, podendo desempeña-los ditos cargos os propios membros ou os seus representantes, tanto das persoas naturais como xurídicas. O presidente, ou o vicepresidente en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou por delegación daquel, convoca e dirixe o desenvolvemento das reunións e executa os acordos do órgano rector, autoriza as actas e certificacións e realizará tódolos demais actos para os que lle faculte ou delegue con carácter xeral ou especial o órgano rector, e ten para o efecto a representación da xunta.

4. O secretario levanta acta das reunións, expide as certificacións, realiza cantos actos de comunicación sexan necesarios e custodia toda a documentación da xunta levando así mesmo a xestión administrativa e económica desta. En caso de vacante, ausencia ou enfermidade o órgano rector, ou provisionalmente o presidente, designarán o seu substituto.

5. A duración dos cargos será indefinida sen prexuízo da súa remoción en calquera momento mediante o pertinente acordo.

6. O órgano rector reunirase con carácter ordinario polo menos unha vez ó ano para aproba-la memoria e contas do exercicio anterior e os orzamentos do seguinte. Con carácter extraordinario reunirase cando o acorde o presidente ou o soliciten membros que teñan o 10% das cotas de participación con expresión dos asuntos que se van tratar, debendo neste caso convocarse e realizarse a reunión nos

seguintes trinta días. Tamén poderá realizarse a reunión, con carácter de universal, estando presentes ou representados tódolos membros, sen necesidade de convocatoria previa e para tratar calquera asunto se así se acorda por unanimidade.

7. As reunións serán convocadas polo presidente, sinalando lugar, día e hora, e asuntos a tratar, mediante carta certificada ou outro medio fidedigno, ós membros con cinco días de antelación. En primeira convocatoria quedará validamente constituída a reunión coa asistencia do 51% das cotas participativas; entendéndose unha hora despois validamente constituída en segunda convocatoria calquera que sexa o número de cotas presentes salvo para:

a) Modificar estatutos ou bases para o cal se requirirá maioría absoluta de cotas participativas.

b) Aprobación do proxecto de compensación que requirirá acordo adoptado por maioría de membros da xunta que á sua vez represente os dous tercios (2/3) das cotas de participación.

8. Para auxilia-lo desempeño das funcións do órgano rector e dos seus cargos contrataranse os medios e servicios profesionais pertinentes, podéndose nomear un xerente da xunta coas facultades que se determinen no correspondente acordo.

Artigo 9º.-Réxime xurídico e económico.

1. A participación na xunta e no reparto de beneficios e cargas vén determinada polo valor dos predios achegados, expresándose nunha cota a porcentaxe sobre o total de participacións. A dita cota define o valor do voto así como determina o importe da participación nos gastos. No caso de incorporación de empresa urbanizadora procederase ó reaxuste de cotas asignándolle a esta a que lle corresponda en contrapartida á sua achega, salvando a dos desconformes.

2. Son gastos da xunta os necesarios e requiridos pola execución da actuación, comprendéndose entre eles, sinaladamente os de:

a) Constitución, funcionamento, disolución e liquidación da xunta, inclusive os producidos con anterioridade para os ditos fins.

b) Honorarios e prezos polos traballos e servicios contratados a terceiros, e en especial os derivados de estudios e asesoramentos técnicos, redacción de documentos urbanísticos, proxectos de obras e servicios e xestión xurídica, administrativa e económica.

c) Os custos de urbanización conforme o artigo 132 LSG e os artigos 59, 60 e 61 do RX e o correspondente proxecto.

d) Indemnnizacións por expropiación ou supresión de bens e dereitos que afecten ós membros ou a terceiros.

e) Pagamento de tributos, dereitos e cargas de todo tipo derivados da actuación e do outorgamento de cantos actos, convenios ou documentos sexan necesarios.

3. Salvo acordo en contra, o pagamento das cotas de contribución ós gastos realizarase no prazo de quince días desde que se practique a notificación e requirimento polo órgano rector, transcorrido o cal sen realizalo incorrerase nun recargo do 10% e nun xuro moratorio ó tipo legal incrementado en dous puntos. Pasado un mes instarase da Administración: a utilización da vía executiva ou a expropiación forzosa se en anterior ocasión foi necesario acudir a esta vía anque estivese en curso; ou a aplicación dos efectos previstos no artigo 134 da LSG.

4. Os acordos do órgano rector obrigan a tódolos membros da xunta, son inmediatamente executivos e non se suspenderán pola súa impugnación ou recurso. Contra os ditos acordos pode interpoñerse recurso ante a Administración actuante no prazo dun mes desde a súa notificación ou coñecemento.