Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de adxudicación por concurso, con procedemento aberto, da obra consistente na ampliación de vivenda unifamiliar en Sésamo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: ampliación de vivenda unifamiliar en Sésamo.

a) Descrición: a que figura no proxecto.

b) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 5.051.826 ptas.

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

8. Garantía definitiva: 4% do orzamento.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo.

a) Domicilio: rúa do Concello-Tarrío-Culleredo.

b) Localidade: Culleredo (A Coruña) 15189.

c) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o último anuncio (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: no Concello de Culleredo ou segundo establece a cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas.

13. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello nº 12-Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

d) Data: o primeiro xoves hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de licitacións, e se fose inhábil entenderase prorrogado ó xoves seguinte á mesma hora.

e) Hora: 12 horas.

14. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 17 de decembro de 1999.

P.D. (Resolución 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación