Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 395/1999.

Non atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución; transcorrido aquel, contará cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que considere oportunas perante o órgano que trámita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 395/99.

Acta Inf. nº: 870/99.

Empresa: Oscarma, S.L.

NIF/DNI: B-15.564.925.

Enderezo: San Xoán-Vista Alegre, nº 4, 4º D. Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante de recepción do 27-7-1999.

Proposta de sanción: 500.200 ptas.

A Coruña, 17 de decembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña