Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da subministración de vehículos con destino ó Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

A) Subministración.

1. Adquisición.

Obxecto: automóbil turismo.

Clave: PX01/2000.

Número de unidades que se van entregar: dous (2) vehículos.

Orzamento: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas., equivalentes a 33.055,66 euros).

Lugar e prazo de entrega: Santiago de Compostela, trinta (30) días contados a partir do asinamento do contrato.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Alugamento.

Obxecto: vehículo todoterreo.

Clave: PX02/2000.

Orzamento: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas., equivalentes a 36.060,72 euros).

Duración: tres (3) anos.

Lugar e prazo de entrega: Santiago de Compostela, quince (15) días contados a partir do asinamento do contrato.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego tipo de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina (das 8.30 ás 14.30 e das 16 ás 18 horas), no Instituto Enerxético de Galicia, rúa Ourense, 6, A Rosaleda, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixiráselle-la fianza provisional indicada na letra A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado

polo artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación das proposiciones.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado, selado e asinado, nas dependencias do Instituto Enerxético de Galicia ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día seis (6) de marzo de 2000.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas do Instituto Enerxético de Galicia, ás dez horas do día dezaseis (16) de marzo de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 6.a) «Constitución e funcionamento da mesa», do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

Juan Caamaño Cebreiro

Director do Instituto Enerxético de Galicia