Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 265/1999 (I) e 544/1999.

Non atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución; transcorrido aquel, contará cun novo prazo de tres días para presenta-las

alegacións que consideren oportunas perante o órgano que trámita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 265/99.

Acta Inf. nº: 445/99(I).

Empresa: Hiper Hostel, S.L.

Responsable solidario: Constructora de Obras Municipales, S.A. (Cousa).

NIF/DNI: B-81.850.489.

Enderezo: Cariátides, 45. As Rozas (Madrid).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Xustificante de recepción do 29-5-1999.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

Expediente nº: 544/99.

Acta Inf. nº: 630/99.

Empresa: Cartón Noroeste, S.L.

NIF/DNI: B-15.401.821.

Enderezo: A Telleira. Bastavales. Brión (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Publicación no BOP do 1-9-1999 e no edicto do Concello de Brión do 18-10-1999.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 13 de decembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña