Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 365/1999.

Non atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3º da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 365/99.

Acta nº: 366/99.

Titular: Datos y Gráficos Coruña, S.L.

NIF/DNI: B-15.516.594.

Enderezo: Gómez Zamalloa, 3-baixo. A Coruña.

Materia: T.

Data Res.: 26-11-1999.

Sanción: 250.000 ptas.

A Coruña, 13 de decembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña