Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000 pola que se convocan unhas xornadas sobre a problemática dos sinistros de automóbiles internacionais.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2000, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre a problemática dos sinistros de automóbiles internacionais, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

As xornadas teñen por obxectivo o estudio e a análise do desenvolvemento dos sinistros de automóbiles, cando se dea unha destas dúas circunstancias:

1. Sinistros ocorridos en España, cando un dos vehículos implicados teña matrícula estranxeira.

2. Sinistros de vehículos matriculados en España e noutros países.

Destinatarios:

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

O número de prazas que se ofertarán será de 250.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 24 de marzo de 2000, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e datas:

As xornadas desenvolveranse durante os días 4 e 5 de abril de 2000, en xornadas de mañá e tarde.

O horario será o seguinte:

Día 4: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.15 ás 20 horas.

Día 5: das 10 ás 14 horas.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos publicarase o día 28 de marzo no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono: 986 59 00 21.

Lugar:

As xornadas terán lugar no salón de actos nº 1 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia:

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento normal das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de xaneiro de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade