Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 02 de febreiro de 2000 Páx. 1.387

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999, correspondentes ás categorías 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) e 11 (limpador/a e outros) do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 28 de decembro de 1999, resolucións estimatorias dos recursos formulados por Catalina Gómez Machado, Dolores García Castro, Consuelo Iglesias Rodríguez, Esperanza Ormíguez Pérez, Lucía Lema Mouzo, Margarita Camiña Oliveira, contra a Resolución do 5 de novembro de 1999, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) e 11 (limpador/a e outros) do grupo V.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999 , no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ás categorías 11 (limpador/a e outros) e 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V, cos datos seguintes:

Grupo V-Categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros).

Catalina Gómez Machado.

DNI número 76.619.605-Lista A2-puntuación 17.63 puntos.-No posto número 4 para o ámbito territorial X2703.-No posto número 28 para o ámbito territorial X2705.

Dolores García Castro.

DNI número 77.595.033-Lista A2-puntuación 18.050 puntos.-No posto número 8 para o ámbito territorial X2702.-No posto número 6 para o ámbito territorial X2706.-No posto número 6 para o ámbito territorial X2709.-No posto número 8 para o ámbito territorial X2712.

Consuelo Iglesias Rodríguez.

DNI número 76.746.103-Lista A1-puntuación 17.68 puntos.-No posto número 2 para o ámbito territorial X3205.-No posto número 15 para o ámbito territorial X3206.-No posto número 2 para o ámbito territorial X3208.-Débese eliminar da lista A2.

Grupo V-Categoría 11 (limpador/a e outros).

Esperanza Ormíguez Pérez.

DNI número 36.066.298-Lista A2-puntuación 20.010 puntos.-No posto número 15 para o ámbito territorial X3609.

Lucía Lema Mouzo.

DNI número 76.355.303-Lista A2-puntuación 16.880 puntos.-No posto número 25 para o ámbito territorial X1503.-No posto número 11 para o ámbito territorial X1504.

Margarita Camiña Oliveira.

DNI número 36.051.602-Lista A2-puntuación 18.75 puntos.-No posto número 30 para o ámbito territorial X3609.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública