Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN (LEIRO)

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, para a concesión da xestión do servicio de explotación e mantemento do balneario de Berán.

1. Entidade adxudicadora: Entidade Local Menor de Berán, provincia de Ourense.

2. Obxecto: prestación do servicio de explotación e mantemento do Balneario de Berán.

3. Canon: 1.200.000 ptas. anuais, que se aboarán na forma prevista no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

4. Duración do contrato: 50 anos prorrogables, contados a partir do día 1 de maio do ano 2000, na forma prevista no artigo 3 do prego.

5. Garantía provisional: 500.000 ptas.

6. Garantía definitiva: 1.000.000 de ptas.

7. Información: Secretaría da Entidade Local Menor de Berán.

8. Presentación das ofertas:

Na Secretaría da Entidade Local Menor de Berán, nas horas de oficina, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Prego de condicións: exponse ó público por un prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para os efectos de reclamación.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP de Ourense nº 296, do 28 de decembro de 1999.

Berán, 3 de xaneiro de 2000.

José Luis Rodríguez Barreiro

Presidente