Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.336

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 25 de xaneiro de 2000 polo que se fai público o nomeamento dos secretarios dos xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia que se citan (número un de Monforte de Lemos e tres máis).

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Terri-

torial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data do 24 de xaneiro de 2000.-Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal.-Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.-Pazo da Audencia r/ Capitán Juan Varela s/n, 15004 A Coruña.-Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais; confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos na alínea décimo primeira da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala de Goberno con data do: 14-1-2000.

Provincia de Lugo.

Xugaldo de Primeira Instancia e Instrucción número un de Monforte de Lemos, Regina María Peña Sangil.

Provincia de Ourense.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous do Carballiño, María Dolores Blanco Pereira.

Provincia de Pontevedra.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ponteareas, Henrique Perianes Estévez.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilagarcía de Arousa, María Belén Rey Baamonde.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza.-O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos.-O xerente territorial.-Manuel Olmo Peláez.-Rubricado.-Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial.».

Así mesmo faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno con data do 14-1-2000, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, pregándolle envíe a esta presidencia un exemplar del no que se realice aquela para a súa debida constancia no expediente.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2000.

Jesús Souto Prieto

Presidente