Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de vehículos e maquinaria.

No BOP de Ourense do día de hoxe, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de vehículos e maquinaria que se relaciona, para o Servicio de Agricultura, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar

o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran nos mencionados pregos de condicións, que lles serán facilitados gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Unha rotoempacadora para a granxa da Lagoa de Antela, con prezo máximo, incluído o IVE, de 3.000.000 de ptas. Unha rozadora para a granxa de Vilamarín, con prezo máximo de licitación, incluído o IVE, de 500.000 ptas. Un vehículo todo terreo

para a granxa de Regueirofozado, con prezo máximo de licitación, incluído o IVE, de 3.500.000 ptas.

Ourense, 25 de xaneiro de 2000.

O presidente

Rubricado