Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Machus nº 2 e Machus nº 6, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro: mediante escritos con data do 26-7-1999, Antonio Iglesias Piñeiro solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Machus nº 2 e Machus nº 6.
Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro: este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo: os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte
RESOLUCIÓN:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Antonio Iglesias Vidal (DNI 78.731.240 D), das con
cesións administrativas dos viveiros que se indican a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Machus nº 2.
Localización: Cangas C, cuadrícula nº 66.
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 11-10-1958 (BOE nº 289).
Remate vixencia: 3-12-2003.
Actual titular: Antonio Iglesias Piñeiro (DNI 35.878.363 L).
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Machus nº6.
Localización: Cangas C, cuadrícula nº 35.
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde outorgamento: 11-10-1958 (BOE nº 289).
Remate vixencia: 3-12-2003.
Actual titular: Antonio Iglesias Piñeiro (DNI 35.878.363 L).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 21 de decembro de 1999.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra