Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo de iniciación dun expediente sancionador en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1 d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a xefa do Servicio de Interior, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a Rosa María García Ramos, posto base do grupo B que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común LRXPAC (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle de que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen se dictar resolucións producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

A Coruña, 13 de decembro de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 252/1999.

Denunciada: María del Carmen Valiño García.

DNI: 44.814.076.

Enderezo: Os Concheiros, 64-3º, Santiago de Compostela.

Establecemento: Bar María Antonio.

Precepto infrinxido: 23-e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: de 50.001 ptas. ata 5.000.000 de ptas.