Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/471-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cia, S.A.

Enderezo social: Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: reforma L.M.T. zona industrial-Tramo A Lomba-Areas.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 340 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos desde a L.M.T. existente na zona industrial ata o C.T. existente de Bloarco, na Lomba-Areas, concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra