Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/243-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.A., R.B.T. Grela-Arroio-Castenda.

Situación: Ordes.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 515 m de lonxitude, con orixe na liña Ordes-Leobalde e final no C.T. de Grela, que se vai instalar. De 391 m de lonxitude, con orixe na liña a Ordes e final no C.T. de Liste, existente. Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Grela. Liñas aéreas de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. De 1.552 m de lonxitude con orixe no C.T. de Castenda e discorrendo polo lugar de Castenda. De 987 m de lonxitude, con orixe no C.T. Grela e discorrendo polo lugar de Grela. Ordes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña