Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661 22/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Deceto 2617/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Euro Vento, S.L. (unipersoal)

Enderezo social: rúa Galeras, número 17, piso 3º, 15705 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Paxareiras IIB (Adraño).

Concellos afectados: Carnota e Mazaricos.

Superficie afectada: 5,375 km

Coordenadas:

V(493.300 V, 4.749.400 N)

V(494.300 W, 4.747.200 N)

V(495.800 W, 4.745.400 N)

V(495.200 W, 4.744.700 N)

V(493.300 W, 4.746.400 N)

V(492.500 W, 4.748.500 N)

Potencia que se vai instalar: 23,4 MW.

Durante o prazo de vinte (20) días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña.

A Coruña, 22 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña