Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.311

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se desenvolve a Orde do 17 de novembro de 1999, pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ó exercicio de 2000.

O Real decreto 631/1993, do 3 de maio, polo que se regula o Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional, establece, no seu artigo 13, que a contía máxima e as bases reguladoras para a concesión das subvencións serán as determinadas por orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, de acordo coas previsións da Lei xeral orzamentaria.

En desenvolvemento deste mandato, publicouse a Orde do 13 de abril de 1994, pola que se dictan normas de desenvolvemento do Real decreto 631/1993, do 3 de maio, pola que se regula o Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, que fixa os módulos de subvención de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional. As subvencións resultantes da aplicación destas contías e bases reguladoras teñen o carácter de máximas e son de aplicación a todo o territorio nacional.

A orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, do 17 novembro de 1999, pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 2000 fai no seu articulado remisións a normas de desenvolvemento en materias tales como a determinación das contías das axudas ós alumnos, procedemento de remisión de documentación, a

introducción dos currículos dos alumnos no Servicio Galego de Colocación, a selección dos alumnos e a certificación polas horas e módulos asistidos.

Así, cómpre regular máis detalladamente aqueloutras cuestións que, aínda estando previstas na Orde do 17 de novembro, requiren un maior profundamento co fin de uni-los criterios interpretativos e, en definitiva, de facilitar e axiliza-la tramitación administrativa das accións formativas de formación ocupacional por parte das diferentes instancias que interveñen no procedemento.

Neste sentido, considérase tamén conveniente regular no ámbito da Comunidade Autónoma o sistema de cálculo e os módulos de subvención establecidos na referida normativa estatal.

Á vista da disposición derradeira primeira da Orde do 17 de novembro de 1999 que autoriza o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desa disposición e de conformidade co Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, segundo o que lle corresponden á Dirección Xeral de Formación e Colocación o desenvolvemento das funcións atribuídas á consellería en materia de formación ocupacional,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Módulos de cursos.

O importe das subvencións concrétase no resultado da definición de niveis e graos de dificultade expresados en ptas./hora alumnos de cada curso, que son:

Parte A:

Graos de dificultade

NiveisBaixoNormalAlto

Básico143188235
Medio188257325
Superior280371462
Alto371462552

Na aplicación das contías desta parte A do módulo terase presente que a subvención máxima para gastos de profesorado será a considerada para 15 alumnos, incluíndo nestas contías a cota empresarial da Seguridade Social.

Esta parte do módulo incrementarase nun 20 por 100 para aquelas especialidades que estean cualificadas como novas tecnoloxías no ficheiro do Inem.

Parte B:

A subvención media establecida é de 261 pesetas por alumno e hora de curso, podendo oscilar entre un mínimo de 117 pesetas e un máximo de 404, en función dos elementos materiais que se utilicen nos cursos.

A cuantificación económica concrétase nos 48 parámetros que se relacionan a continuación:

Ponderación

Nº económicaParámetrosPtas.

1 Baixo-baixoBB1117
2 Baixo-baixoBB2123
3 Baixo-baixoBB3130
4 Baixo-baixoBB4136
5 Baixo-medioBM1142
6 Baixo-medioBM2148
7 Baixo-medioBM3155
8 Baixo-medioBM4160
9 Baixo-altoBA1167
10 Baixo-altoBA2173
11 Baixo-altoBA3180
12 Baixo-altoBA4185
13 Normal-baixoNB1191
14 Normal-baixoNB2198
15 Normal-baixoNB3204
16 Normal-baixoNB4210
17 Normal-medioNM1216
18 Normal-medioNM2223
19 Normal-medioNM3229
20 Normal-medioNM4235
21 Normal-altoNA1241
22 Normal-altoNA2247
23 Normal-altoNA3254
24 Normal-altoNA4261
25 Superior-baixoSB1267
26 Superior-baixoSB2273
27 Superior-baixoSB3279
28 Superior-baixoSB4285
29 Superior-medioSM1291
30 Superior-medioSM2297
31 Superior-medioSM3303
32 Superior-medioSM4309
33 Superior-altoSA1315
34 Superior-altoSA2321
35 Superior-altoSA3327
36 Superior-altoSA4333
37 Alto-baixoAB1338
38 Alto-baixoAB2344
39 Alto-baixoAB3350
40 Alto-baixoAB4356
41 Alto-medioAM1362
42 Alto-medioAM2368
43 Alto-medioAM3374
44 Alto-medioAM4380
45 Alto-altoAA1386
46 Alto-altoAA2392
47 Alto-altoAA3398
48 Alto-altoAA4404

Artigo 2º.-Baremo das solicitudes de cursos.

A comisión de valoración, ademais dos criterios previstos no artigo 17 da orde, á hora de elabora-la programación de cursos, terá en conta:

a) O grao de inserción laboral acadado no mesmo curso impartido na mesma área funcional en exercicios anteriores.

b) Os informes de control e seguimento do persoal desta consellería dos cursos impartidos pola entidade na programación inmediatamente anterior.

c) A oferta de cursos, da especialidade do que se está a valorar, existente na área funcional na que pretenda impartirse.

d) A demanda desa especialidade procedente do sector productivo na área funcional na que se solicita impartir cada curso.

e) As necesidades de formación detectadas nos sectores productivos galegos.

f) Calquera outro que se considere conveniente para detecta-las necesidades de formación para a posterior inserción laboral tanto no ámbito dunha área funcional concreta como provincial ou autonómica.

g) En termos xerais, e con independencia dos criterios enumerados anteriormente, terán preferencia na programación os cursos que conduzan a un certificado de profesionalidade ou estean homologados en función da nova ordenación da formación profesional ocupacional.

Artigo 3º.-Selección de alumnos.

A selección dos alumnos asistentes ó curso realizarase da seguinte forma:

Con 10 días de antelación á data prevista de inicio do curso, os centros colaboradores beneficiarios solicitaranlle directamente á oficina de emprego correspondente, mediante o impreso normalizado para o efecto, unha lista de desempregados que se adecuen ó perfil requirido para a realización de cada curso, en función dos requisitos de acceso do alumno ó curso especificados no certificado de profesionalidade ou ben no programa de curso aprobado polo Consello Xeral da Formación Profesional ou, no seu defecto, no programa aprobado pola Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A oficina de emprego correspondente, mediante sondaxe entre os demandantes de emprego inscritos nas bases de datos do Servicio Público de Emprego, seleccionará 2 persoas por praza vacante en cada curso e convocará, mediante carta certificada ou telegrama con xustificante de recepción, os demandantes preseleccionados para que asistan á proba de selección que deberá realiza-lo centro colaborador. É moi importante subliñar que o centro colaborador non debe predetermina-lo colectivo ó que vai dirixido o curso: limitarase a identificar moi ben os requisitos de acceso do alumnado.

Remitida a lista á entidade solicitante, esta procederá á selección dos alumnos preseleccionados, mediante a realización das probas que considere pertinentes de conformidade cos criterios predeterminados na solicitude, que deberán poñerse en coñecemento dos candidatos antes da súa realización, levantando a correspondente acta no modelo normalizado establecido para o efecto.

A acta de selección, cuberta en tódolos puntos do modelo normalizado, remitirase á oficina de emprego correspondente, non podendo inicia-lo curso ata que esta dea o visto e prace á selección realizada.

Os demandantes propostos pola oficina de emprego só poderán ser rexeitados para a realización do curso cando concorran causas que así o imposibiliten e sexan fidedignamente xustificadas pola entidade colaboradora e neste sentido se aprecie pola oficina de emprego propoñente. Se se detecta o inicio dun curso sen que a selección dos alumnos sexa autorizada pola oficina de emprego, este poderá ser cancelado. Cando aínda así non se consigan cubrir tódalas prazas, a entidade realizará unha convocatoria pública mediante anuncio e efectuará a selección entre os que acudan a ela na forma prevista no parágrafo anterior, tendo en conta

que os alumnos seleccionados deben ser, en todo caso, desempregados inscritos nalgunha das oficinas pertencentes ó Servicio Público de Emprego con anterioridade á súa incorporación ó curso. Desta selección darase conta á oficina de emprego encargada da preselección dos alumnos.

No caso dos proxectos formativos con compromiso de contratación, as entidades impartidoras, á hora de selecciona-los alumnos do curso, poderán optar por utiliza-lo sistema descrito nos parágrafos anteriores ou ben seleccionar elas directamente os alumnos, tendo en conta que, en todo caso, deberán ser desempregados inscritos como tales no Servicio Público de Emprego.

O custo dos anuncios que non se adapten ós requisitos establecidos nesta resolución ou a calquera outros que puidese establece-la Dirección Xeral de Formación e Colocación non será aboado con cargo ás axudas previstas.

Cada nova alta ou baixa de alumnos que se produza no curso deberá ser comunicada á oficina de emprego correspondente no prazo máximo de 3 días.

Artigo 4º.-Proxectos formativos.

1. De conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 208/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o procedemento de homologación de especialidades formativas e para a inscrición no censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, poderán concedérselles cursos a aquelas entidades privadas, empresas ou grupos de empresas que presenten un proxecto formativo específico para elas, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Presentación dun compromiso de contratación de polo menos o 60% dos alumnos que inicien o curso.

b) Informe favorable de homologación das especialidades solicitadas dos técnicos de formación ocupacional co visto e prace do/a delegado/a provincial.

2. A estas entidades asignaráselles un número provisional do censo de centros colaboradores mentres dure a impartición do proxecto formativo e non adquirirán dereito ningún unha vez rematada esta.

3. A xustificación de cumprimento do compromiso de contratación, nos termos sinalados no parágrafo primeiro, realizarase no momento no que se proceda a xustificación final dos custos do curso mediante a presentación dos correspondentes contratos laborais visados polo organismo público competente.

Artigo 5º.-Obrigas dos centros colaboradores.

1. A maiores das obrigas previas dos beneficiarios das axudas ó inicio dos cursos, reguladas no artigo 5.3º da Orde do 17 de novembro de 1999, pola que se regula a convocatoria dos cursos do Plan FIP para o ano 2000, deberán indicar se os docentes seleccionados para imparti-los cursos realizaron o curso de metodoloxía didáctica.

2. Nos 10 días lectivos seguintes ó inicio do curso, deberán remitir á delegación provincial ou a esta dirección xeral, segundo o órgano que resolvera sobre a concesión da subvención, a seguinte documentación:

-Informaticamente, as fichas do Sistema Informático de Formación Ocupacional (SIFO).

-Documentalmente, a solicitude de anticipo.

-Fotocopia compulsada do DNI e da tarxeta de demandante de emprego dos alumnos.

-Certificación municipal de residir polo menos a 3 quilómetros do lugar de impartición do curso no caso de axudas de transporte. Se a parte teórica e a práctica do curso se desenvolven en sitios diferentes, haberá que presentar un xustificante municipal de distancia por cada lugar de impartición.

-Certificación municipal de residir, como mínimo, a 75 quilómetros do lugar de impartición do curso, se teñen dereito a axuda de aloxamento e manutención. Esta distancia poderá ser inferior cando por problemas das comunicacións se faga difícil o desprazamento, circunstancia que deberá ser valorada e autorizada polo órgano competente en cada caso.

-Certificación de minusvalidez, no caso de bolsas de minusválidos.

-Documentalmente, certificación asinada polo responsable do centro, na que se relacionen os alumnos, especificando os que teñen dereito a bolsa, axuda de transporte ou axuda de aloxamento e manutención.

-O modelo de ficha do alumno deberá ser arquivado pola entidade colaboradora totalmente cuberto e asinado polo alumno.

3. Mensualmente e por vía informática deberán remitir, arquivando, nos dous últimos casos, separadamente por curso os orixinais asinados:

-As fichas SIFO de incidencias.

-A folla de control de asistencia.

-As nóminas dos alumnos perceptores de bolsas, axudas de transporte ou axudas de aloxamento e manutención asinadas por eles. Poderá optarse por enviar documentalmente a orde de transferencia de fondos ás súas contas bancarias.

4. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 6º.-Introducción de currículos no Servicio Galego de Colocación.

Os beneficiarios das axudas deberán introduci-los currículos dos alumnos formados, coa conformidade destes, a través dos centros asociados do Servicio Galego de Colocación que posúan a dita funcionalidade

Artigo 7º.-Seguro de accidentes.

O seguro de accidentes dos alumnos polos riscos que inclúan os do traxecto ó lugar de impartición das clases e, se é o caso, das prácticas, deberá te-la seguinte cobertura mínima:

-En caso de morte: 3.000.000 de ptas.

-En caso de invalidez permanente: 6.000.000 de ptas.

-Asistencia médico farmacéutica: ilimitada.

Artigo 8º.-Gastos de amortización.

Poderase amortizar todo aquel material didáctico non funxible de acordo cos seguintes criterios:

1. Amortización do mobiliario e material inventariable: poderá amortizarse durante os 5 anos sucesivos

á súa adquisición. Para o cálculo do importe que se vaia amortizar dividirase o custo do ben entre 60 meses e o resultado multiplicarase polo número de meses que dure a acción formativa.

2. Amortización de material informático e instrumentos de precisión e laboratorio: poderá realizarse durante os 3 anos sucesivos á súa adquisición. Para o cálculo do importe que se vai amortizar dividirase o custo do ben entre 36 meses e o resultado multiplicarase polo número de meses que dure a acción.

3. Para que se poidan aboa-los gastos previstos no presente artigo, será imprescindible a posesión da correspondente factura orixinal de compra dos bens que se pretendan amortizar.

4. Amortización de instalacións: enténdese por instalación o lugar onde se imparte o curso máis a porcentaxe dos elementos comúns.

Período de amortización: 20 anos. Non deben transcorrer máis de 20 anos desde a construcción ou adquisición do elemento que se vai amortizar:

Deberán xuntar á amortización:

-Copia do título de propiedade ou escritura de compra ou certificación da obra.

-Certificado do responsable da entidade de que a obra non se realizou con subvención ningunha Administración. Neste caso, só se poderá solicita-la amortización da parte non subvencionada.

-Só serán amortizables:

* Os metros cadrados onde se imparta o curso.

* A porcentaxe de elementos comúns.

-Contía que se vai amortizar: a porcentaxe correspondente do importe da factura de construcción do edificio ou instalación.

-Fórmula:

Porcentaxe utilizada do importe da compra ou do importe da obra: 240 meses=custo mensual.

(custo mensual)x(número de meses de acción)=importe amortización

Non se amortizarán en ningún caso instalacións construídas ou adquiridas con anterioridade a 20 anos, contados desde a resolución de concesión do curso de que se trate.

5. Os materiais didácticos de traballo susceptibles de usos continuados por diferentes grupos de alumnos poderán ser amortizados (a tres anos) sempre que non sexan entregados ós alumnos primeiros usuarios.

6. A Dirección Xeral de Formación e Colocación ou a respectiva delegación provincial poderán esixi-la xustificación das avaliacións sinaladas nos parágrafos 1 e 2 deste artigo.

Artigo 9º.-Gastos xerais.

Poderanse incluír dentro dos gastos xerais, ademais dos establecidos na Orde do 17 de novembro de 1999, os seguintes:

-Gastos de transporte necesarios para a realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que así sexan apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola correspondente dele

gación provincial desta consellería. Neste caso tamén poderá incluírse o importe das entradas para alumnos e profesores, pero non a manutención durante as visitas.

-Gastos de limpeza do lugar ou lugares de impartición do curso: aulas, talleres e elementos comúns.

-Gastos de publicidade do curso necesarios para a incorporación de alumnos.

Artigo 10º.-Gastos de alugueres de instalacións e maquinaria.

O importe dos gastos de alugueres de instalacións deberá estar en consonancia co prezo do mercado da zona onde se desenvolva o curso. Para a xustificación deste concepto as entidades impartidoras deberán achegar fotocopias compulsadas das facturas ou dos recibos correspondentes. O cálculo do importe do aluguer dos locais realizarase segundo o número de meses de duración do curso e proporcionalmente á aula ou aulas utilizadas.

Cando os gastos de alugueres se refiran a maquinaria necesaria para a impartición dos cursos, o seu importe non poderá superar, con carácter xeral, o 25% do módulo B.

Artigo 11º.-Bolsas, axudas de transporte e de aloxamento e manutención.

1. Terán dereito á bolsa os alumnos minusválidos que asistan ós cursos de formación profesional ocupacional e que estean desempregados. Os demais alumnos desempregados poderán percibi-la axuda de transporte cando teñan que desprazarse polo menos tres quilómetros para asistir a eles e o curso teña unha duración superior a catro horas diarias e vinte semanais, ou a axuda de aloxamento e manutención, cando esa distancia sexa, como norma xeral, como mínimo, de 75 quilómetros. En casos excepcionais, debido a problemas das comunicacións, circunstancia que deberá ser previamente valorada e autorizada polo órgano competente en cada caso, poderá concederse esta axuda aínda que a distancia sexa inferior a 75 quilómetros. Ademais da distancia, deberán cumprirse os seguintes requisitos:

Que o curso teña unha duración superior ás catro horas diarias e vinte semanais.

Que a asistencia ó curso implique que o alumno deba aloxarse no lugar de impartición.

Que a especialidade que se vai impartir sexa algunha das seguintes:

-AAEF20. Motoserrista.

-ARMD10. Carpinteiro-ebanista artesán.

-CO0451. Instalador rede de distribución gas licuado.

-EOIA02. Reparador mantedor de instalacións de fontanería.

-IAIC20. Carniceiro.

-IAIP20. Pasteleiro.

-IN0066. Técnico de animación e multimedia.

-MI0314. Operador fresa universal.

-MOFC12. Frigorista de instalacións de refrixeración.

-MRMI24. Mantedor de sistemas electrohidráulicos.

-MRMI25. Mantedor de sistemas electropneumáticos.

-THRS20. Cociñeiro.

No caso dos alumnos que teñan dereito á axuda de transporte, por residir a máis de tres quilómetros do lugar de impartición do curso, durante o desenvolvemento da parte teórica e non da práctica, ou viceversa, soamente se aboará esta axuda cando cumpra o requisito de distancia, debidamente acreditado mediante a certificación municipal correspondente. O seu importe será o seguinte:

a) A bolsa para os alumnos minusválidos será de 21.750 pesetas ó mes, rateándose a parte correspondente ós meses de inicio e finalización cando non sexan completos.

b) A axuda de transporte será de 725 pesetas alumno/día lectivo.

c) A axuda en concepto de aloxamento e manutención terá unha contía de 5.000 pesetas/día natural, rateándose a parte correspondente ós meses de inicio e finalización cando non sexan completos.

2. A acreditación de atoparse nos supostos de concesión realizarase da forma seguinte:

a) Mediante a presentación do informe de cualificación de minusvalidez ou de certificación oficial do órgano competente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no caso das bolsas de minusválidos.

b) A través de certificación municipal, no caso das axudas de transporte.

c) Mediante certificación municipal na que se especifique que a distancia desde o lugar de residencia do alumno ata o de impartición do curso é de 75 ou máis quilómetros, salvo casos excepcionais nos que a distancia poderá ser menor, no caso de axuda de aloxamento e manutención.

O gasto real de aloxamento xustificarase por medio do contrato de arrendamento, factura de hospedaxe ou calquera outro medio documental acreditativo.

Nas letras b) e c), de existir contradicción entre o domicilio que figura na tarxeta de demanda de emprego e o que figura na certificación municipal, haberá que aterse ó reflectido nesta última.

Artigo 12º.-Publicación de anuncios.

1. Tódalas convocatorias públicas para a selección de alumnos que se realicen mediante anuncio en prensa deberán remitirse ós respectivos xornais con indicación de que sexan inseridos exclusivamente nas edicións correspondentes ós domingos.

2. Os anuncios cubriranse en modelo normalizado, no que necesariamente deberá facerse consta-lo financiamento da acción por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e do Fondo Social Europeo. Neles especificarase claramente, como mínimo: a institución ou centro ofertante, as vacantes existentes, o curso de que se trata, perfil requirido dos alumnos, enderezo e teléfono do lugar de realización das probas de selección así como a data.

Publicaranse, polo menos, a través dun dos xornais de maior tirada da provincia.

O custo dos anuncios que se publiquen en día distinto a domingo por causas atribuíbles ás entidades impartidoras, non poderá imputarse á parte B do módulo da subvención concedida.

3. Tódolos anuncios deberán ser autorizados pola oficina de emprego correspondente.

4. Calquera excepción a esta norma deberá ser autorizada polo director xeral de Formación e Colocación ou polo respectivo delegado/a provincial, segundo proceda.

Artigo 13º.-Módulos de orientación profesional.

1. Os módulos de información e orientación profesional e sobre técnicas de busca de emprego que se inclúan nos plans docentes dos cursos de formación ocupacional terán unha duración máxima de 20 horas.

2. Para a elaboración do contido dos citados módulos poderá tomarse como referencia a Guía de Técnicas para a Busca de Emprego, editada por esta dirección xeral.

Artigo 14º.-Seguimento e control dos cursos.

1. As entidades impartidoras deberán remitir á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou á delegación provincial correspondente, segundo quen concedese o curso, xunto co resto da documentación esixida na respectiva orde de convocatoria ou na presente resolución, a folla de control de asistencia debidamente asinada polos técnicos da delegación provincial que visiten o curso.

2. No caso de que non coincida a folla de control de asistencia que conste en poder dos técnicos coa remitida posteriormente polas entidades, presumirase a veracidade da primeira.

Artigo 15º.-Diplomas.

Terán dereito a recibir un diploma oficial aqueles alumnos que rematen o curso, obteñan aproveitamento a xuízo do docente e asistan como mínimo ó 75% das súas horas lectivas. Tamén terán dereito a diploma, anque non rematan o curso, aqueles que causen baixa por colocación, sempre que obteñan avaliación positiva e asistan, como mínimo, ó 75% das horas lectivas totais.

Terase en conta que máis de dúas faltas sen xustificar dentro do mesmo mes suporán a baixa automática no curso e a perda do dereito a diploma. A xustificación das faltas deberá facerse mediante documentos ou calquera outro medio que acredite de modo fidedigno o motivo da non asistencia. Os alumnos disporán dun prazo de 5 días hábiles para presentar no centro colaborador os xustificantes das súas faltas de asistencia. Unha vez transcorrido este prazo sen que os presenten, a falta será considerada sen xustificar.

Para os efectos de contabilización do 75% de asistencia, tanto no caso de incorporación tardía como de abandono do curso por colocación, computaranse como faltas tanto as xustificadas como as non xustificadas.

Artigo 16º.-Prácticas non laborais en empresas.

1. De acordo co establecido no artigo 4.2º do Real decreto 631/1993, do 3 de maio, polo que se regula o Plan FIP, asinarase un convenio entre a Administración autonómica e a organización empresarial.

2. Unha vez subscrito este convenio, as entidades que teñan previsto realiza-las prácticas non laborais en empresas previstas no artigo 14 da Orde do 17 de novembro de 1999 deberán presentarse, cunha antelación mínima de quince días hábiles á súa realización, perante a Dirección Xeral de Formación e Colocación ou a correspondente delegación provincial, segundo quen concedese o curso, solicitude de autorización para a súa realización, facendo conta-los seguintes aspectos:

a) Contido das prácticas que realizarán os alumnos.

b) Datas previstas e lugar de realización.

c) Convenio asinado entre o centro formativo e a empresa na que se realizarán as prácticas.

d) Número de alumnos que as realizarán e número de horas por alumno.

e) Sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación.

f) Documento que acredite a vixencia do seguro de accidentes dos alumnos que cubra os riscos do curso, que deberá incluí-los do traxecto ó lugar de realización das prácticas e contraéndose estrictamente na súa duración ó período da súa realización.

g) Documento que acredite a contratación dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da realización das prácticas non laborais.

h) Nos proxectos formativos con compromiso de contratación, xustificación razoada por parte da empresa da conveniencia da realización das prácticas.

3. Antes do comezo das prácticas porase en coñecemento dos representantes legais dos traballadores na empresa e da Inspección de Traballo unha relación dos alumnos que as realizarán. A notificación ós representantes dos traballadores corresponderalle facela á empresa e á Inspección de Traballo á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou á delegación provincial, segundo quen concedese o curso.

4. A compensación económica ás empresas por prácticas profesionais será de 1.000 pesetas por alumno e día de prácticas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

J. Jaime López Cossío

Director xeral de Formación e Colocación