Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.285

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 20 de xaneiro de 2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e nos artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio),

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Períodos hábiles.

Na normativa de cada temporada de pesca fixaranse os períodos hábiles para cada unha das especies pescables.

En todo caso, nas masas de auga que se relacionan nos anexos I e II desta orde, a temporada do reo (Salmo trutta trutta), da troita (Salmo trutta fario) e doutras especies distintas do salmón (Salmo salar) non comezará antes do mes de maio.

Artigo 2º.-Dimensións mínimas.

Modifícase o anexo IV do Regulamento de ordenación de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais nos seguintes casos:

-Fíxase a dimensión mínima do reo en 30 cm.

-Autorízase a captura da anguía (Anguilla anguilla) en fase de angula ou meixón.

Na normativa de pesca de cada temporada poderanse modifica-las dimensións mínimas de captura das distintas especies en masas de auga concretas.

Artigo 3º.-Cotas de captura.

As cotas de captura por pescador e xornada, con carácter xeral, serán as seguintes:

-Salmón: 1 exemplar.

-Reo: 5 exemplares.

-Troita: 15 exemplares.

-Sábalo e saboga (Alosa spp): 15 exemplares.

Na normativa de pesca de cada temporada poderanse modifica-las cotas de captura en masas de auga concretas.

Nos ríos nos que haxa troita e máis reo, só se poderá capturar un número de pezas igual ó da cota da troita, das que un máximo de 5 exemplares poderán ser reos.

No caso da anguía, solla, muxo e demais especies típicas de esteiros, a cota máxima de capturas por pescador e día será de 5 kg, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.

Os salmónidos procedentes de fuxidas accidentais de centros de acuicultura, caso da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss), poderán ser capturados sen límite no tamaño mínimo nin na cota de captura.

Artigo 4º.-Engados autorizados para a captura do salmón.

Con carácter xeral, autorízanse os seguintes engados para a captura do salmón:

-Engados artificiais: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e semellantes.

-Engados naturais: miñoca e quisquilla.

No caso dos engados naturais, deberanse empregar anzois de dimensións maiores ou iguais cás que se sinalan no anexo III desta orde, equivalentes ó número 3/0.

Artigo 5º.-Engados autorizados en masas de auga salmoneiras.

Para a captura de especies piscícolas distintas do salmón nas masas de auga salmoneiras que se relacionan no anexo I desta orde, autorízanse, con carácter xeral, os seguintes engados:

-Engados artificiais: mosca artificial, culleriña dun tamaño máximo de 6,5 cm (medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol), peixes artificiais e semellantes, e risco no caso concreto do reo.

A culleriña antes citada e mailos peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento cun diámetro menor ou igual a 0,2 mm.

-Engados naturais: mosca natural, saltón, grilo, besbello (larva de odonato) e gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero).

Tódolos engados naturais antes citados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie).

Se algún salmón fose capturado accidentalmente cun engado non autorizado para esta especie, deberá ser devolto inmediatamente á auga.

Artigo 6º.-Engados autorizados en masas de auga non salmoneiras.

Con carácter xeral, autorízanse os seguintes engados en masas de auga non salmoneiras:

-Engados artificiais: mosca artificial, culleriñas e peixes artificiais e semellantes.

-Engados naturais: tódolos engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos.

Así mesmo, na normativa de cada temporada autorizaranse engados específicos para especies distintas dos salmónidos en masas de auga concretas.

Artigo 7º.-Modalidades de pesca.

Como regla xeral, e para tódalas especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, lamprea e cangrexo.

Prohíbese o aparello coñecido como «de ninfa» e calquera outro semellante, lastrado no seu extremo e que arrastre polo fondo.

Artigo 8º.-Pesca a flote.

De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos IV e V desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e a flotación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais.

Artigo 9º.-Pesca todo o ano.

As masas de auga nas que se poderá pescar todo o ano serán as que figuran explicitamente autorizadas nos anexos IV e V desta orde, sen prexuízo das vedas que se poidan establecer na normativa de cada temporada.

Artigo 10º.-Canas de pescar e utensilios auxiliares.

De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, para a pesca de salmónidos en tramos de ríos só se permite o emprego dunha cana por pescador e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.

Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por pescador, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación, aínda que o número de pescadores sexa maior.

Nas zonas de desembocadura e encoros que se relacionan nos anexos IV e V de esta orde, autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador de tres metros.

Artigo 11º.-Pesca sen morte.

Nos coutos e tramos de pesca sen morte rexerán as seguintes normas:

-Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para tódolos efectos o engado natural.

-Tódalas capturas deberán ser devoltas á auga despois da súa extracción.

-Os pescadores non poderán estar en posesión de ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.

-Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose amplia-lo número máximo de permisos por causas xustificadas.

Artigo 12º.-Prescricións especiais para os coutos de salmón.

En tódolos salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.

Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débese proceder á recuperación de micromarcas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, os pescadores deberán presta-la súa colaboración e permiti-la permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da administración autora da repoboación.

Artigo 13º.-Réximes especiais.

Apróbanse os réximes especiais para encoros, lagoas e zonas de desembocadura que figuran nos anexos IV e V da presente orde.

Artigo 14º.-Normas de pesca para o cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e para a angula ou meixón.

Apróbanse as normas de pesca que figuran nos anexos VI e VII da presente orde.

Na normativa de cada temporada fixaranse os períodos hábiles e mailas zonas nas que se autoriza a captura do cangrexo vermello americano e mais da angula ou meixón.

Disposicións adicionais

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda.-Facúltase o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra para dictar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea nos ríos Tea e Ulla.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

PRINCIPAIS MASAS DE AUGA HABITADAS POR SALMÓN

Na táboa que se inclúe neste anexo figuran os principais tramos fluviais habitados polo salmón. Nos límites superiores inclúense entre parénteses os concellos nos que se atopan os citados límites. Cando non se fixa un límite inferior concreto, entenderase que o tramo chega ata o límite superior da zona de desembocadura.

RíoLímite superiorLímite inferior

EoPasarela da Volta da Teixeira (Ribeira de Piquín)

MasmaPonte de Viloalle (Mondoñedo)

RíoLímite superiorLímite inferior

OuroPasarela de Valmaior (Foz)

LandroPresa Salto do Can (Ourol e Viveiro)

MandeoO Tope (Coirós e Paderne)

UllaPonte romana de Ponte Ledesma (Vila de Cruces e Boqueixón)

DezaPresa de Saídres (Silleda e Vila de Cruces)Desembocadura no río Ulla

TeaLugar de Foxaco (Mondariz)Desembocadura no río Miño

ANEXO II

PRINCIPAIS MASAS DE AUGA HABITADAS POLO REO

Na táboa que se inclúe neste anexo figuran os principais tramos fluviais habitados polo reo.

Nos límites de cada tramo inclúense entre parénteses os concellos nos que se atopan os citados límites. Cando non se fixa un límite inferior concreto, entenderase que o tramo chega ata o límite superior da zona de desembocadura. Na columna titulada «km» figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Cando a masa de auga inclúe tódolos afluentes existentes no tramo, na columna titulada «Observacións» figura o texto «afluentes»; cando a masa de auga inclúe só o último quilómetro de tódolos afluentes, na mesma columna figura o texto «afluentes 1 km».

RíoLímite superiorLímite inferiorKmObservacións

AlmofreiDesembocadura do río da Reigosa (Pontevedra)Desembocadura no río Lérez (Pontevedra)2,2

AlvedosaNacemento (Pazos de Borbén)Desembocadura (Redondela)6,5

AnllónsPonte Caldas (Ponteceso)11Afluentes

EumePresa do encoro do Eume (As Pontes de García Rodríguez e Monfero)17,5Afluentes

GafosConfluencia dos ríos Tomeza e Marcón (Pontevedra)Desembocadura (Pontevedra)2,5

De Galdo ou de BravosPonte de Baralla (Viveiro)Desembocadura no río Landro (Viveiro)1,7

GrandePresa de Castro Buxán (Vimianzo)8Afluentes

LambreCentral eléctrica de Güimil (Vilarmaior e Irixoa)6,5Afluentes

LérezPresa da Minicentral de Dorna (Cotobade e Campo Lameiro)22,5Afluentes 1 km

LoureiroPonte de Galea (Viveiro)Desembocadura no río Landro (Viveiro)2,7

MaceirasNacemento (Redondela)Desembocadura no río Alvedosa (Redondela)4,5

MeraPonte de Souto Chao (As Somozas, Ortigueira e As Pontes de García Rodríguez)18Afluentes

MiñorFervenza da Torre de Chaín (Gondomar)Desembocadura do río Zamáns (Gondomar)6Afluentes 1 km

OitavénEncoro de Eiras (Fornelos de Montes e Ponte Caldelas)Desembocadura no río Verdugo (Soutomaior)7,7Afluentes 1 km

SorNacemento (As Pontes e Muras)49Afluentes

TambrePresa Barrié de la Maza (Brión e Negreira)6Afluentes

UmiaFervenza de Segade (Caldas de Reis)25Afluentes 1 km

VerdugoCentral do Inferno (Soutomaior)3

XubiaPonte de Doso (Narón)5,8Afluentes

ANEXO IV

RÉXIME ESPECIAL DE ENCOROS E LAGOAS

Nas táboas que se inclúen neste anexo relaciónanse e delimítanse os encoros e lagoas sometidos a algún réxime especial de pesca.

Nos encoros nos que non se fixan límites superiores concretos, entenderase que o réxime especial só é aplicable nas augas encoradas e quietas. A normativa aplicarase a partir do límite superior ou, en defecto deste, a máis de 100 m do punto onde rematan as augas correntes, tanto no curso pirncipal coma en tódolos afluentes que vertan ó encoro. Esta distancia aplicarase tanto en ámbalas beiras coma, no caso de pesca desde embarcación, na propia masa de auga.

Nos encoros nos que non se fixa un límite inferior concreto, a normativa aplicarase ata a presa do encoro.

Nos encoros nos que se autoriza a pesca todo o ano, na columna titulada «Características» inclúese o texto «todo o ano», seguido, de se-lo caso, das especies ou grupo de especies as que afecta a autorización fóra do período hábil da troita.

Nos encoros nos que se autoriza a pesca desde embarcacións ou artefactos boiantes, na columna titulada «Características» inclúese o texto «desde embarcación» seguido, de se-lo caso, do tipo de embarcacións ou artefactos autorizados.

Nos encoros nos que se autoriza a ceba das augas con engados vexetais para a captura de ciprínidos, na columna titulada «Características», inclúese o texto «engados vexetais».

Provincia da Coruña

EncoroLímitesCaracterísticas

Barrié de la MazaDesde embarcación.

CastellanaDesde embarcación, só tubo flotador.

CastreloDesde embarcación.

CecebreTodo o ano.

Desde embarcación, só tubo flotador.

Da RibeiraDesde embarcación.

Das ForcadasTodo o ano.

Desde embarcación.

EumeDesde embarcación.

FervenzaDesde embarcación.

MeicendeDesde embarcación.

Ponte OlveiraDesde embarcación.

PortodemourosVéxase Pontevedra.

Sabón ou de RosadoiroTodo o ano.

Desde embarcación.

San Cosmade ou de

Vilasenín

Todo o ano.

Desde embarcación.

San UxíaDesde embarcación.

Lagoa de SobradoDesde embarcación.

VilagudínDesde embarcación.

Masa de auga en réxime de concesión.

Provincia de Lugo

EncoroLímitesCaracterísticas

BelesarSuperior: desembocadura do río Ferreira e a liña imaxinaria perpendicular que une esa desembocadura coa marxe contraria.Desde embarcación.

Todo o ano ciprínidos, agás nos seguintes tramos:

a) Pola marxe dereita: desde 600 m augas arriba da desembocadura do río Enviande ata 500 m augas abaixo da desembocadura do río Lama.

b) Pola marxe esquerda: desde 500 m augas arriba ata 500 m augas abaixo da desembocadura do río Sardiñeira.

MontefuradoSuperior: límite da provincia de Ourense.Desde embarcación.

Engados vexetais.

Os PearesSuperior: ponte da antiga estrada Monforte-Chantada, pola marxe esquerda.

50 m augas abaixo da desembocadura do rego de Camporramiro, pola marxe dereita.

Desde embarcación.

EncoroLímitesCaracterísticas

SalimeDesde embarcación.

San PedroSuperior: ponte de Barca na estrada Ferreira-Luíntra.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

Santo EstevoSuperior: ponte da estrada N-120.Desde embarcación.

Todo o ano ciprínidos e black-bass ou perca negra, agás no seguinte tramo:

Desde a ponte de Augasmestas ata 1 km augas abaixo da desembocadura do río Lor.

Engados vexetais.

SequeirosSuperior: desembocadura do río Bibei.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos.

Engados vexetais.

VilasoutoDesde embarcación.

Provincia de Ourense

EncoroLímitesCaracterísticas

AlbarellosSuperior: ponte AlbarellosDesde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

BaoSuperior: ponte da Residencia no río Bibei.

Ponte de Vilariño de Conso no río Conso.

Ponte de Bembibre no río Camba.

Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

CachamuíñaSuperior: pasarela sobre o río Loña na cola do encoro.Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

Castrelo de MiñoSuperior: desembocadura do regato Alongos na marxe esquerda e a súa prolongación imaxinaria á marxe dereita.Desde embarcación, sen motor de explosión.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Chandrexa de QueixaSuperior: desembocadura do río Navea.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

Das ConchasSuperior: ponte da estrada Bande-Mugueimes no río Limia e límite do couto de Cadós.Desde embarcación, sen motor de explosión.

Todo o ano ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

FrieiraSuperior: desembocadura do río Avia.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

GuístolasDesde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

LindosoSuperior: ponte da estrada a Lobios e á Madalena.

Inferior: fronteira con Portugal.

Desde embarcación, sen motor de explosión.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

MontefuradoSuperior: a ponte da estrada C-536 Ourense-A Rúa.

Inferior: límite da provincia de Lugo.

Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

PortasSuperior: desembocadura do regato das Pías no río Camba.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Quedan excluídas as augas comprendidas entre a liña imaxinaria que une Pena Anduriña coa desembocadura do regato das Cabras e os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena nos montes do Invernadeiro.

PradaSuperior: ponte da estrada A Veiga-Covelo.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

PumaresSuperior: ponte de Roldán.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

San MartiñoSuperior: desembocadura do regueiro A Vioca, na marxe esquerda, e a súa prolongación imaxinaria á marxe dereita.

Inferior: ponte da estrada A Rúa-Petín.

Desde embarcación, sen motor de explosión.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

San PedroVéxase Lugo.

SantiagoSuperior: desembocadura do río Leira, na marxe esquerda, e a súa prolongación imaxinaria á marxe dereita.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

Santo EstevoVéxase Lugo.

VelleSuperior: desembocadura do regato do Fontao, na marxe dereita, e a súa prolongación imaxinaria á marxe esquerda.Desde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Provincia de Pontevedra

EncoroLímitesCaracterísticas

Lagoa de CastiñeirasA pesca nesta lagoa rexerase pola normativa que estableza o Servicio Provincial de MAN, con fins recreativos e de educación ambiental.

Pontillón de Castro Todo o ano, sen morte.

PortodemourosDesde embarcación.

Todo o ano, ciprínidos.

Engados vexetais.

ZamánsDesde embarcación, sen motor.

Todo o ano, ciprínidos e black-bass ou perca negra.

Engados vexetais.

ANEXO V

RÉXIME ESPECIAL EN ZONAS DE DESEMBOCADURA

Autorízase a pesca con cana de especies usuais en esteiros (robaliza, muxo, anguía, solla, etc.) durante todo o ano, coa limitación de devolver ás augas inmediatamente as pezas da familia dos salmónidos que sexan capturadas fóra da súa temporada hábil.

Autorízase a pesca desde embarcacións ou artefactos boiantes.

Como cebo poderase utilizar xorra ou becho de mar (Nereis sp), pulga de mar ou miolo de pan. Así mesmo, autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.

De conformidade co establecido nos anexos do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, delimítanse as seguintes zonas de desembocadura:

Provincia da Coruña

RíoLímite superiorLímite inferior

AnllónsCanteira de Santa MariñaLiña recta imaxinaria que une Punta Balarés con Punta Padrón

BaleoPonte do ferrocarrilLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

BaxoiPonte do ferrocarrilLiña recta imaxinaria que une Punta Bañobre con Punta dos Curbeiros de Miño

BelelleLugar de SubarreirosPonte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume

CastroDesde a presa da piscifactoríaDesembocadura na praia

CondomiñasPonte Nova de CedeiraLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira

Das MestasA Ponte VellaLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira

EumeLímite inferior do couto de OmbreLiña recta imaxinaria que une Punta Madanela con Punta Sentroña

ForcadasPonte vella de FerreríasLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira

GrandeLímite inferior do couto de Ponte do PortoLiña recta imaxinaria que une Punta Sandia con Punta Roda

LambreLímite inferior do couto de LambreLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MandeoPonte vella de BetanzosLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MendoPonte nova de BetanzosLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MaiorMuíño de LinoLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

MeraLugar de Castro-AreeiraLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

Mero100 m augas abaixo da presa da BarcalaLiña recta imaxinaria que une Punta Fiaiteira co varadoiro de Oza

SóñoraMuíños de PedrachánLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

SorSouto de XancedoLiña recta imaxinaria que une Punta do Castro con Punta do Santo

TambreLímite inferior do couto de NoiaLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

TinesLímite inferior do couto de OutesLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

XubiaLímite inferior do couto de XubiaPonte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume

Provincia de Lugo

RíoLímite superiorLímite inferior

EoPonte do ferrocarril Ferrol-XixónPonte dos Santos

LandroPonte PortachaoLiña recta imaxinaria que une a punta do peirao de Celeiro co illote A Insua

MasmaPonte da Espiñeira na estrada nacional 462 entre os concellos de Foz e BarreirosLiña recta imaxinaria que une Punta Prados coa punta da crebaondas de Foz

OuroPonte vella de FazouroPonte do ferrocarril Ferrol-Xixón

Provincia de Pontevedra

RíoLímite superiorLímite inferior

LérezPonte do ferrocarril Vigo-A Coruña en MonteporreiroLiñas rectas imaxinarias que unen Punta Campelo co extremo distal da crebaondas da canle do río e este último con Punta Praceres

RíoLímite superiorLímite inferior

MiñorPonte da XunqueiraLiña recta imaxinaria que une a punta da barra da praia Ladeira e Punta Lourido

UllaPonte de CatoiraLiña recta imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril

UmiaPonte Estacas, na estrada C-550Liña recta imaxinaria que une Punta San Sadurniño con Punta Borrelo

VerdugoCarballeira dos Franceses no lugar de Camboa, na marxe dereita, e O Cafexo, na marxe esquerdaLiña recta imaxinaria que une Punta Ulló con Punta Muxeira

ANEXO VI

NORMAS DE PESCA PARA O CANGREXO VERMELLO AMERICANO

Na orde que regule cada temporada de pesca estableceranse as zonas e épocas nas que se poderá captura-lo cangrexo vermello americano.

A pesca do cangrexo vermello americano rexerase polas seguintes prescricións:

-Para a práctica da pesca requirirase estar en posesión da licencia de pesca fluvial.

-A única arte autorizada é o retel. Cada pescador só poderá empregar un máximo de 10 reteis.

-Cada pescador non ocupará cos seus reteis máis de 100 m de río ou de beira de encoro.

-Tódalas capturas deberán ser sacrificadas na zona de pesca, para isto, inmediatamente despois da captura de cada animal haberá que quitarlle o apéndice central da cola, de tal xeito que se saque tamén parte do tubo dixestivo do animal.

-En función da evolución da temporada, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, por proposta do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, poderá limita-lo número de pescadores nunha ou varias zonas de pesca, establecer cotas de captura, modifica-las datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas.

ANEXO VII

NORMAS DE PESCA PARA A ANGULA OU MEIXÓN

Na orde que regule cada temporada de pesca estableceranse as zonas e épocas nas que se poderá captura-la angula ou meixón.

A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes prescricións:

-Para a práctica da pesca requirirase estar en posesión da licencia de pesca fluvial.

-A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites consecutivas.

-Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para tódolos efectos a pesca desde embarcación.

-A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.

-En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, por proposta do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural, poderá limita-lo número de pescadores nunha ou varias zonas de pesca, establecer cotas de captura, modifica-las datas de campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garanti-lo correcto desenvolvemento da temporada de pesca da angula e protexe-lo recurso.