Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 01 de febreiro de 2000 Páx. 1.291

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xaneiro de 2000 pola que se nomea novo vocal do Consello Galego de Formación Profesional.

O Decreto 110/1999, do 8 de abril (DOG do 5 de maio), polo que se crea e regula o Consello Galego de Formación Profesional, establece no seu artigo 5.2º que os membros do Consello Galego de Formación Profesional e os seus suplentes serán nomeados polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta de cada un dos grupos ou consellerías que representan, e que o seu cesamento se levará a cabo deste mesmo xeito.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Industria e Comercio

DISPOÑO:

Artigo 1º.-O cesamento de Joaquín del Moral Crespo como vocal titular, en representación da Consellería de Industria e Comercio, no Consello Galego de Formación Profesional.

Artigo 2º.-Designar a Ramón Ordás Badía como vocal titular, en representación da Consellería de Industria e Comercio, no Consello Galego de Formación Profesional.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria