Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.279

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (BIC GALICIA)

ANUNCIO público de convocatoria de praza.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, convócase un proceso de selección de persoal para cubrir, baixo a modalidade de contratación laboral ordinaria por tempo indefinido, de acordo coa lexislación vixente, unha praza de técnico/a de proxectos. O lugar de traballo será Santiago de Compostela, con posibilidade de desprazamentos a outros puntos da xeografía galega.

I. Titulación e requisitos.

Os/as aspirantes que desexen participar no proceso selectivo, ademais de te-la nacionalidade dun país membro da Unión Europea, deberán reuni-lo seguinte perfil: licenciado en Ciencias Empresariais; capacitado/a como formador/a de formadores; formación específica sobre aspectos como: sistema financeiro español, planificación estratéxica, contabilidade fiscal, informática administrativa; experiencia en postos similares; máis de 30 anos; carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo.

II. Documentación necesaria, lugar e prazo de presentación de solicitudes.

Os/as candidatos/as presentarán fotocopia DNI, currículum vitae, xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación requirida e unha solicitude dirixida ó presidente e director xeral de BIC Galicia das 9 ás 14 horas, de luns a venres, nas dependencias da empresa, Avda. Citroën, s/n, Edif. Zona Franca, 2º, Aptdo. de correos nº 6048, 36210 Vigo, teléfono: 986 20 98 49, fax: 986 20 78 82. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

III. Proceso de selección.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, unha comisión de selección designada para tal efecto realizará unha avaliación dos méritos dos/as candidatos/as segundo un baremo obxectivo. Aqueles/as candidatos/as que non superen un 50% do valor máximo alcanzable por méritos quedarán excluídos do proceso de selección, que rematará cunha entrevista persoal ós/ás candidatos/as que superen a fase de avaliación de méritos, para o que lles será notificado o lugar e a data por teléfono ou por correo. No enderezo de presentación de solicitudes os/as candidatos/as poderán consulta-las puntuacións obtidas na avaliación de méritos e, se é o caso, trala entrevista persoal.

Vigo, 24 de xaneiro de 2000.

Santiago González-Babé Ozores

Presidente e director xeral do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (BIC Galicia)