Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.279

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a adquisición dun equipo de conxelación rápida para o plasma sanguíneo.

Segundo o establecido nos artigos 9º e 10º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes

e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, a Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición dun equipo de conxelación rápida para o plasma sanguíneo.

O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia, Avda. Monte da Condesa s/n, (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles das 8 ás 15 horas.

Importe máximo: 8.500.000 ptas., IVE incluído (51.086,03 euros).

Apertura de proposicións económicas: comunicarase oportunamente.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador, no exterior do sobre deberá consta-la referencia: EXP. 02/00. O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 21 de febreiro de 2000.

(O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia