Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia concurso para alugamento de maquinaria e vehículos e subministracións de materiais.

Obxecto e tipos de licitación: contratación para o ano 2000 dos seguintes (IVE incluído):

36 lotes de alugamento de maquinaria e vehículos, por un total global de 151.805.000 pesetas.

18 lotes de subministración de materiais (emulsións, grans, aglomerados, etc.), por un total global de 269.737.650 pesetas.

As características peculiares e a documentación necesaria para tomar parte no concurso, figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Plicas: durante 26 días naturais contados a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% e a definitiva do 4% dos tipos de licitación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado