Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

Detectados erros no anuncio publicado polo concello referente á convocatoria do concurso público para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Lourenzá, as correccións que proceden son as seguintes:

-Onde di: «1. Obxecto: a adxudicación, formalización e desenvolvemento do contrato ten por obxecto o traballo denominado Revisión e adaptación das normas subsidiarias de planeamento do concello de Lourenzá», debe dicir: «1. Obxecto: a adxudicación, formalización e desenvolvemento do contrato ten por obxecto o traballo denominado Redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Lourenzá (PXOM)».

-As referencias á COTOP, deberán ser á CPTOV.

-No punto oito, referente á mesa de contratación, onde di: «Presidente: o alcaldesa ou concelleiro en quen delegue», debe dicir: «Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue».

Lourenzá, 14 de decembro de 1999.

Vidal Martínez-Sierra López

Alcalde