Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

Acuerdo plenario do Concello de Friol (Lugo), con data do 30 de novembro de 1999, referente á convocatoria para a provisión, por persoal laboral fixo, da praza denominada operario de servicios múltiples, incluída na oferta de emprego para 1999.

No BOP de Lugo número 292, do 22 de decembro de 1999, publícanse integramente as bases e a convocatoria para a provisión por concurso oposición da referida praza.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Friol, 23 de decembro de 1999.

Antonio Muíña Pena

Alcalde