1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Cedeira.
b) Dependencia: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato.
Servicio de limpeza do local do Xulgado de Paz de Cedeira.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Non se fixa orzamento base de licitación, debendo ser presentado polos licitadores.
5. Garantías.
a) Provisional: 25 pesetas.
b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.
6. Obtención de documentación.
a) Entidade: Concello de Cedeira.
b) Domicilio: rúa Real, 15.
c) Localidade: Cedeira.
d) Teléfono: 981 48 00 00.
e) Telefax: 981 48 25 06.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite: trece (13) días naturais contados a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares e segundo os modelos alí establecidos.
8. Apertura de ofertas.
Primeiro mércores hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.
9. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
10. Exposición do prego de cláusulas adminsitrativas particulares.
O prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 27 de decembro de 1999, exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de exame, de conformidade co preceptuado no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra el.
Cedeira, 10 de xaneiro de 2000.
Xoán Xosé Rodríguez Pérez
Alcalde-presidente