Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Servicio de limpeza das instalacións do Polideportivo Municipal de Cedeira.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 1.200.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento do contrato.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: rúa Real, 15.

c) Localidade: Cedeira.

d) Teléfono: 981 48 00 00.

e) Telefax: 981 48 25 06.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares e segundo os modelos alí establecidos.

8. Apertura de ofertas.

Primeiro mércores hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares.

O prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 27 de decembro de 1999, exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de exame e reclamacións, de conformidade co preceptuado no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra el.

Cedeira, 10 de xaneiro de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente