Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2000 Páx. 1.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, adoptado en sesión do 29 de decembro de 1999, aprobouse o expediente administrativo para contratar mediante concurso con procedemento aberto, tramitación urxente, a obra 1ª fase da ampliación do cemiterio municipal de Cedeira.

A través do presente anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Execución da obra 1ª fase da ampliación do cemiterio municipal de Cedeira.

b) Prazo de execución: seis (6) semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.249.984 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación: 164.999 pesetas.

b) Definitiva: 4% do tipo de licitación: 329.999 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: rúa Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Teléfono: 981 48 00 00.

e) Telefax: 981 48 25 06.

f) Data límite para obtención de documentación e información: duratne o prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cedeira. Domicilio: rúa Real, 15. Localidade e código postal: Cedeira 15350.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: rúa Real, 15.

c) Localidade: Cedeira 15350.

d) Data: primeiro mércores hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 13 horas.

f) Lugar: salón de comisións do Concello de Cedeira.

9. Criterios de adxudicación do concurso.

Os establecidos na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

11. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares.

O prego de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 29 de decembro de 1999, exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para os efectos de exame e reclamacións, de conformidade co preceptuado no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no caso de que se formulen reclamacións contra el.

Cedeira, 10 de xaneiro de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente