Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-99/1999 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia estanse tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de decembro de 1999.

José Luis Díaz Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-99/1999.

Denunciado: Celso Iglesias Blanco, enderezo Alpajes 71-1º Esqda., Aranjuez-Madrid.

DNI: 52.470.135.

Feitos denunciados: pescar utilizando cebo de uso non permitido en masas de augas salmoneiras (miñoca). Feitos denunciados ás 12 horas do día 16 de maio de 1999 no río Ulla S. Miguel de Castro no concello da Estrada.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 25-11-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: P-101/1999.

Denunciado: Javier Besada Valcence, enderezo Tomás Alonso, 46-6º C, Vigo.

DNI: 35.569.834.

Feitos denunciados: pescar no couto de Ponteareas sen a licencia de pesca e sen permiso de couto. Feitos acontecidos ás 18.15 horas do día 19 de maio de 1999, no río Tea, ó seu paso por Pías, do concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 25-11-1999.

Precepto infrinxido: 34.1º.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 55.000 ptas.

Inhabilitacion: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio de esta actividade durante 1 ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: P-156/1999.

Denunciado: Antonio Agrasar Moure, enderezo San Julia, 57, Pontecesures.

DNI: 35.449.437.

Feitos denunciados: realizando o servicio foi sorprendido o presunto infractor botando unha rede ó río, polo cal foi solicitado a embarcación do servicio para levantala e realiza-la espera do presunto infractor cousa que fixo 12 horas despois, momento en que foi identificado e comisadas as artes. Feitos denunciados ás 10.30 horas do día 30 de xullo de 1999 no río Ulla lugar de Brañas do concello de Dodro.

Data do acordo da incoación: 30-8-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 25-11-1999.

Precepto infrinxido: 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 500.001 ptas.

Inhabilitacion: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante 1 ano e 1 día, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.