Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-186/1998 e P-45/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, da Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse unha vez pagada a contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de decembro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 186/98.

Denunciado: Mauricio Reboreda Martínez, domicilio r/ Carral, 32-4º, Vigo.

DNI: 36.108.270.

Feitos denunciados: pescar sollas á man. Feitos denunciados ás 11.30 horas do día 12 de xullo de 1998, no río Miñor ó seu paso por Foz-A Ramallosa do concello de Nigrán.

Data do acordo da incoación: 11-11-1998.

Data do acordo da proposta: 8-6-1999.

Proposta: sancionar a Mauricio Reboreda Martínez con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar solla á man.

Precepto infrinxido: 34.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: 45/99.

Denunciado: Santiago Chamadoira Martínez, domicilio: A Barca nº 18-3º K, Poio.

DNI: 76.925.961.

Feitos denunciados: pescar sen licencia ás 11.20 horas do día 2 de abril de 1999, no río San Vicente ó seu paso por Taboadelo, no concello de Ponte-Caldelas.

Data do acordo da incoación: 18-5-1999.

Data do acordo da proposta: 10-8-1999.

Proposta: sancionar a Santiago Chamadoira Martínez con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Alegacións á proposta: presenta escrito no seu descargo na data 1-7-1999.

Feitos probados: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.