Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial 99/0020 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 40 da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, por fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-99/0020.

Denunciado: Juan Luis Montero Seoane.

DNI: 33.164.512.

Último enderezo coñecido: Alexandre Bóveda, 11-4º A. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar sen respecta-las limitacións de número, peso ou tamaño.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento; cualificación leve.

Sanción proposta: 13.000 ptas.

Expediente: P-99/0022.

Denunciado: Jesús José Agra Mareque.

DNI: 32.297.679.

Último enderezo coñecido: Pol. Elviña II fase, bloque 25-5º B. 15008 A Coruña.

Feitos denunciados: pescar sen respecta-las limitacións de número, peso ou tamaño.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento; cualificación leve.

Sanción proposta: 16.000 ptas.

Expediente: P-99/0029.

Denunciado: Gustavo Manuel Rey García.

DNI: 32.422.735.

Último enderezo coñecido: Ronda Breogán, 6-2º Esq., A Coruña.

Feitos denunciados: pescar sen licencia e con cana nunha zona vedada.

Tipificación: artigo 34.1º.6 da Lei de pesca en concordancia co artigo 91.1º.6 do seu regulamento; cualificación menos grave.

Sanción proposta: 50.001 ptas. Inhabilitación un ano.

Expediente: P-99/0038.

Denunciado: José Amarelle Bello.

DNI: 76.305.248.

Último enderezo coñecido: Gran Vía, 112-2º. 15100 Carballo (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar sen respecta-las limitacións de número, peso ou tamaño.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento; cualificación leve.

Sanción proposta: 13.000 ptas.

Expediente: P-99/0061.

Denunciado: Jesús José Freiria Fernández.

DNI: 33.186.189.

Último enderezo coñecido: A Magdalena-O Milladoiro. 15864 Ames (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar sen respecta-las limitacións de número, peso ou tamaño.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei de pesca en concordancia co artigo 90.9º do seu regulamento; cualificación leve.

Sanción proposta: 13.000 ptas.

Expediente: P-99/0142.

Denunciado: Juan José Chousa Flores.

DNI: 33.857.894.

Último enderezo coñecido: Dona Urraca, 90-2º Dta. Lugo.

Feitos denunciados: pescar sen licencia..

Tipificación: artigo 34.1º da Lei de pesca en concordancia co artigo 91.1º do seu regulamento, cualificación menos grave.

Sanción proposta: 50.001 ptas. Inhabilitacion un ano.

Expediente: P-99/0152.

Denunciado: José Manuel Paz Barba.

DNI: 32.643.306.

Último enderezo coñecido: Menéndez Núñez, 28-30. 15405 Ferrol (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar sen licencia.

Tipificación: artigo 34.1º da Lei de pesca en concordancia co artigo 91.1º do seu regulamento; cualificación menos grave.

Sanción proposta: 50.001 ptas. Inhabilitación un ano.