Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de residuos 98/0025 e 98/0026.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos (DOG nº 168, do 2 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-98/0025.

Denunciado: Miguel Ángel Mayoral de la Torre.

DNI: 70.045.223.

Último enderezo coñecido: Antonio Pedreira Ríos, 8, A Coruña.

Feitos denunciados: vertido de mobles usados e outros efectos.

Tipificación Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos: artigo 37.1º 3; cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

Expediente: R-98/0026.

Denunciado: Paulo Alexandre Domingues Lopes.

DNI: 9.502.713.

Último enderezo coñecido: Antonio Pedreira Ríos, 8, A Coruña.

Feitos denunciados: vertido de mobles usados e outros efectos.

Tipificación Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos: artigo 37.1º 3; cualificación: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.