Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de residuos 99/0189 e 99/0420.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería na Coruña, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-99/0189.

Denunciada: María Belén Saavedra Villar.

DNI: 32.665.308.

Último enderezo coñecido: Cornido-15588 Narón (A Coruña).

Feitos denunciados: verquido de aceites usados.

Tipificación Lei 10/98 de residuos: artigo 34.4º.d).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: R-99/0420.

Denunciado: Manuel Vilariño García.

DNI: 32.311.295-K.

Último enderezo coñecido: Meirama, 35-15187 Cerceda (A Coruña).

Feitos denunciados: depósito non autorizado de entullos e material de obra.

Tipificación Lei 10/98 de residuos: artigo 34.4º c) en relación co 34.3º b).

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 50.000 ptas.