Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores 99/0190 e dous máis, de residuos sólidos urbanos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (BOE nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

Nomease instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López e secretaria a Mª Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña nas sancións leves e polo conselleiro de Medio Ambiente nas sancións graves, segundo o artigo 37.1º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre

algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-99/0190.

Denunciado: Manuel López Fernández.

DNI: 33.785.599-W.

Último enderezo coñecido: rúa Estatuto de Galicia, 43-5º C-15930 Boiro (A Coruña).

Feitos denunciados: xestión inadecuada na almacenaxe de aceites usados.

Tipificación Lei 10/1998, de residuos: artigos 34.4º a) e 34.4º d); cualificación: leve.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: R-99/0510.

Denunciado: José Vicente Luaces Fraguela.

DNI: 76.392.690.

Último enderezo coñecido: Lgar. Santo Adrián, 15330 Ortigueira (A Coruña).

Feitos denunciados: xestión inadecuada de aceites usados. Almacenaxe non xustificando entrega a xestor autorizado.

Tipificación Lei 10/1998, de residuos: artigos 34.4º c) en relación cos 34.3º b), 34.4º d) e 34.4º a); cualificación: leve.

Sanción proposta: 100.000 ptas.

Expediente: R-99/0514.

Denunciado: Manuel García Rey.

DNI: 34.890.081.

Último enderezo coñecido: Eirís de Abaixo, 76-B, 15009-A Coruña.

Feitos denunciados: depósito non autorizado de vehículos refugados en estado de despezamento nun predio sen autorización do propietario.

Tipificación Lei 10/1998, de residuos: artigos 34.3º a) e 34.3º b); cualificación: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas.