Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 98/0192 e 99/0034.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións crea pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiranse ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente no primeiro caso e ó director xeral de Montes e MAN no segundo, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade san-

cionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 24 de novembro de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-98/0192.

Denunciado: Javier Touriño Rodríguez.

DNI: 32.406.209.

Último enderezo coñecido: Zalaeta, 20-4º, A Coruña.

Feitos denunciados: posuír dous cans de caza carecendo da documentación preceptiva.

Tipificación: artigo 57.35º da Lei de pesca; cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 ptas.

Expediente: P-99/0034.

Denunciado: Jesús Nieves Vieites.

DNI: 33.287.933.

Último enderezo coñecido: Sta. Lucía-Aldrei-Marrozos, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar utilizando artefactos ou utensilios de uso non permitido.

Tipificación: artigo 35.5º da Lei de pesca en concordancia co artigo 92.5º do seu regulamento; cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.001 ptas. Inhabilitación un ano e un día.