Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.153

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de xaneiro de 2000 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Álvaro Cunqueiro Mora.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, con domicilio en Mondoñedo.

Supostos de feito:

1. O vicepresidente da fundación, en escrito do 24 de marzo de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Mondoñedo, o día 28 de febreiro de 1998, ante o notario José Antonio Caneda Goyanes, co número catrocentos sesenta e catro do seu protocolo, por Manuel Javier Loira Rúa, Enrique Cal Pardo, Xosé Francisco Armesto Faginas, Félix Villares Monteira, Germán Palacios Rico, Manuel María Fernández Teixeiro, Carmen Blanco García, Ramón Carlos Reimunde Moreña, César Cunqueiro González Seco, Antonio Meilán García, Juan Puchades Quilis, José Ramón Freire Sánchez, César Carlos Morán Fraga, Juan Cuetos Alas, Francisco Fernández del Riego, Domingo García Sabell, Manuel Gallego Jorreto, Manuel Rivas Barros, María José Porteiro García, Dolores Vilavedra Fernández, Manuel María Lorenzo Pérez, Armando Requeixo Cuba, Fernando López Alsina, Daniel Río Rubal, Enrique Rodríguez Rodríguez, Xosé Vizoso Fernández, Alicia Puchades Tella-Villamarín, Xosé Artiaga Barreira, Claudio Rodríguez Fernández, Juan Ramón Díaz García,

Xesús Rábade Paredes, Xabier Lama López, Ricardo Pedreiras Pérez, Xosé Miranda Ruíz, Basilio Losada Castro, Homero José María Pérez Quintana, Manuel Pérez Álvarez, Alfonso Barca Lozano, Francisco Maseda Eimil; interveñen Manuel Javier Loira Rúa como alcalde presidente do Concello de Mondoñedo e en nome e representación de Ángel Tarrío Varela, María José Porteiro García, ademais de por si, intervén como mandataria verbal do seu cónxuxe José Antonio Perozo Ruíz, Homero José María Pérez Quintana intervén como mandatario verbal de Manuel Fraga Iribarne e en nome e representación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, Manuel Pérez Álvarez como mandatario verbal do Concello de Vigo, Alfonso Barca Lozano como mandatario verbal da Universidade da Coruña, Francisco Maseda Eimil en nome e representación da Universidade de Santiago de Compostela e de Francisco Darío Villanueva Prieto, José Vizoso Rey, ademais de por si, como mandatario verbal de Isaac Díaz

Pardo e tódolos demais en nome propio.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é:

a) Recompilar, estudiar, salientar e divulga-la obra literaria, cultural e mesmo humana de Álvaro Cunqueiro Mora.

b) Recompilar, estudiar, salientar e divulga-la obra dos mindonienses que destacaron pola súa capacidade creadora en tódalas manifestacións artísticas.

c) Realizar todas aquelas actividades necesrias para alcanza-los obxectivos anteriores, incluídas as de docencia, investigación, promoción e publicación.

4. O padroado da fundación estará constituído por Manuel Fraga Iribarne como presidente de honra, Enrique Cal Pardo como presidente, o concello de Mondoñedo como vicepresidente, Francisco Armesto Faginas como secretario, Germán Palacios Rico como vicesecretario, Félix Villares Mouteira como tesoureiro e Manuel María Fernández Teixeiro, Basilio Losada Castro, José Antonio Perozo Ruíz, Juan Cueto Alas, Ramón Reimunde Noreña, César Cunqueiro González Seco, Antonio Meilán García, Juan Puchades Quilis, Xe Freire Sánchez, César Carlos Morán Fraga e Ángel Tarrío Varela como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Álvaro Cunqueiro Mora, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamiento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa ads

crición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 18 de xaneiro de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Álvaro Cunqueiro Mora e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública