Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 28 de xaneiro de 2000 Páx. 1.153

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 15/2000, do 20 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, consciente da necesidade dunha maior coordenación e revisión das súas publicacións, promove a creación dun Servicio de Estudios e Publicacións Culturais para un mellor cumprimento das necesidades da propia consellería nesta materia.

Dado o amplo ámbito de competencias (promoción e patrimonio culturais, comunicación social e turismo) da consellería e mailo seu inxente volume de traballo, resulta imprescindible a creación dunha praza para tal efecto que deberá estar adscrita á secretaría xeral.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co informe previo dos conselleiros da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Engádese o punto 1.6º ó artigo 4 do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo co seguinte teor:

«1.6 Servicio de Estudios e Publicacións Culturais.

Correspóndelle a este servicio as seguintes funcións:

a) Análise, estatísticas, elaboración de informes e propostas en relación coas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Coordenación e revisión das publicacións que, directa ou indirectamente, leva a cabo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, na súa competencia.

d) Estudio e análise dos proxectos relacionados coas publicacións programadas polas diversas unidades da consellería.

d) Todas aqueloutras que por disposicións legais ou regulamentarias poidan serlle atribuídas.».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo para que dicte as normas complementarias que sexan precisas para o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo