Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte, pola que se anuncia a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo, polo procedemento aberto e trámite de urxencia mediante concurso (C.P. 3/2000).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia (C.P. 3/2000).

Obxecto e orzamento.

A realización de probas analíticas en laboratorio externo cun orzamento máximo de dez millóns cincocentas mil pesetas, IVE incluído (10.500.000 ptas. 63.106,27 euros).

Forma de adxudicación.

Procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia.

Prazo de execución.

Desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2000, prorrogable por anos naturais.

Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono 982 41 79 18, fax 982 40 40 06, en días laborables das 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

-A fianza provisional será do 2% do orzamento de licitación.

-A fianza definitiva será do 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse nalgunha das formas que establecen os artigos 36 e 37 respectivamente da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Deberá acreditarse por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Criterios de adxudicación.

-Prezo: ata 8 puntos.

-Control de calidade: ata 4 puntos.

-Prazos de entrega e recollida: ata 2 puntos.

-Sistemas de comunicación co centro: ata 2 puntos.

-Situación do laboratorio na Comunidade Autónoma: 1 punto.

Clasificación.

Non se precisa.

Presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 40 40 06 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa a dirección médica do hospital, ás 13.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

O pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do concurso.

Monforte de Lemos, 10 de xaneiro de 2000.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal de Monforte