Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia modificación nos criterios de adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada) para a adquisición de sopas, triturados dietéticos e outros (C.P. 107/2000) (corrección de erros).

Advertido un erro na resolución publicada no DOG nº 11, do martes 18 de xaneiro, cómpre face-la seguinte corección:

Na páxina 714, onde di:

«Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 45%.

Calidade do producto: 35%.

Prestación da subministración: 20%.

Total 100%».

Debe dicir:

«Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade do producto: 20%.

Prestación da subministración: 20%.

Total 100%».

Por isto e en virtude do sinalado no artígo 79.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, do 18 de maio, publícase nova convocatoria e ábrese novo prazo de presentación de ofertas.

1. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

2. Apertura das proposicións.

Terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do complexo hospitalario (planta baixa do hotel de pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña