Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial OU 245/1998P e tres máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu Regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999,

de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 3 de decembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 245/1998-P.

Denunciado: Alfonso Rodríguez González.

DNI: 34.921.059.

Último enderezo coñecido: r/ Hermanos Martínez Risco, nº 5, 1º D, Celanova (Ourense).

Feito probado: pescar sendo titular dunha licencia válida de pesca cando non se leve consigo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 10.000 pesetas.

Expediente: OU 86/1999-P.

Denunciado: Juan Rodríguez Cerqueira.

DNI: 34.594.039.

Último enderezo coñecido: r/ Doctor José Zaldúa, 37, 4º C. Portugalete (Biscaia).

Feito probado: pescar sen licencia de pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Expediente: OU 109/1999-P.

Denunciado: Juan Manuel Casco Morán.

DNI: 44.428.502.

Último enderezo coñecido: r/ Primeiro de Maio, bloque 8-2º esquerda (Ourense).

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: multa de 50.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Expediente: OU 179/1999-P.

Denunciado: Manuel Oliveira da Rocha.

DNI: X-2457230-W.

Último enderezo coñecido: Fonte Santa, s/n. Melón (Ourense).

Feito probado: pescar sendo titular dunha licencia válida de pesca cando non se leve consigo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: leve.

Sanción: multa de 5.000 pesetas.