Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 26 de xaneiro de 2000 Páx. 1.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de caza OU 229/1998C e OU 48/1999C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó de firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 3 de decembro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 229/1998-C.

Denunciado: José Manuel Calvo Castro.

DNI: 10.067.156.

Último enderezo coñecido: r/ Conde Fenosa, 53-2º esquerda. O Barco (Ourense).

Feito probado: transportar en vehículo motorizado arma desenfundada e lista para o seu uso en época hábil.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.33º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: OU 48/1999-C.

Denunciado: José Fernández Vidal.

DNI: 34.600.686-S.

Último enderezo coñecido: r/ Silvio Fernández, 7-7º B (Ourense).

Feito probado: non impedir en época inhábil que vaguen soltos por terreos cinexéticos de réxime especial cinco cans de caza, algúns deles a máis de 50 metros do seu dono.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.11º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 ptas.