Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 25 de xaneiro de 2000 Páx. 1.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 10 de decembro de 1999, prestou a súa aprobación ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso para a adquisición de terreos para a construcción dun novo centro de sáude na vila de Foz, o cal se expón ó público polo prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, comeza o prazo de presentación de ofertas, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións, segundo establecen os artigos 122 e 123 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril. O dito prazo será de quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta licitación no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o comezo do cómputo o da última publicación, segundo sinala a cláusula once do prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Foz.

2. Obxecto do contrato: adquisición de terreos para a construcción dun novo centro de saúde na vila de Foz.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Tipo de licitación: 18.750.000, IVE incluído.

7. Financiamento e forma de pagamento:

Exercicio do ano 1999. Partida 432.680, 9.500.000 ptas. Serán aboados no momento da for

malización da correspondente escritura pública de compravenda.

Exercicio do ano 2000. Partida 412.601.00, 9.250.000 ptas. Este segundo pagamento, na contía resultante do prezo de adxudicación resultante do concurso, será aboado unha vez aprobado e vixente o orzamento municipal correspondente ó exercicio económico do ano 2000 e, en calquera caso, antes do 1 de xullo do devandito ano.

8. Duración do contrato: o contrato de compravenda será a perpetuidade e a entrega do inmoble por parte do adxudicatario farase no momento da formalización da correspodente escritura pública de compravenda.

9. Lugar de presentación das proposicións: Secretaría Xeral do Concello de Foz, das 9 ás 14 horas (en man).

10. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, tomando como día para o comezo do cómputo do prazo o seguinte ó da última publicación.

11. Fianza provisional: 375.000 pesetas.

12. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

13. Apertura de plicas: salón de sesións da Casa do Concello de Foz, ás 12 horas do primeiro día hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

14. Proposicións e documentación complementaria: as proposicións para tomar parte no concurso presentaranse en dous sobres lacrados (sobre A e sobre B) facendo constar en cada un deles o seu contido na forma que a seguir se indica:

Sobre A que levará na súa carauta o lema «Documentación presentada por... para tomar parte no concurso convocado polo Concello de Foz para a adquisición de terreos con destino á construcción dun centro de saúde na vila de Foz».

Neste sobre A incluirase a documentación seguinte:

a) DNI, ou fotocopia autenticada del, do concursante ou dos concursantes.

b) Número de identificación fiscal, ou fotocopia autenticada del, do concursante ou dos concursantes.

c) Declaración xurada do concursante ou dos concursantes de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias de prohibición para contratar coa Administración, que establece o artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

d) Xustificante acreditativo de ter depositada a fianza provisional.

e) Escritura de poder, se se actúa en representación doutra persoa, legalizado, se é o caso, e verificado na súa suficiencia polo secretario municipal.

f) Escritura de constitución da sociedade mercantil, inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza xurídica.

g) Declaración xurada do representante legal da sociedade, debidamente acreditado e facultado, acreditativa de que a dita sociedade se atopa ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Sobre B que levará na súa carauta o lema «Proposición económica presentada por... para tomar parte no concurso convocado polo Concello de Foz para a adquisición de terreos con destino á construcción dun centro de saúde na vila de Foz».

Neste sobre B incluirase a documentación seguinte:

a) Proposición segundo o seguinte modelo:

Modelo de proposición.

D... con enderezo en... provisto do DNI nº... e do NIF nº..., no seu propio nome (ou na representación de... con CIF nº... como acredita por...), sabedor do concurso convocado polo Concello de Foz para a adquisición de terreos con destino á construcción dun centro de saúde na vila de Foz, anunciado no BOP nº... con data do... e no DOG nº... con data do..., o prego de cláusulas administrativas do cal, aprobado polo Concello Pleno na súa sesión con data do..., coñece e acepta integramente.

Oferta os terreos que a seguir se describen:

Localización...

Superficie... (expresada en metros cadrados).

Lindes... no prezo de... (letra e número) pesetas, IVE incluído.

En..., ... de... de 1999.

O concursante.

Asinado.

b) Título de propiedade dos terreos ofertados con documentación acreditativa da liberdade de cargas e gravames do inmoble.

c) Plano de situación dos terreos ofertados, indicado sobre a cartografía das normas subsidiarias de planeamento do concello de Foz.

d) Plano acotado dos terreos ofertados.

Foz, 22 de decembro de 1999.

José María García Rivera

Alcalde